Santiago Brea e Cristina Carril gañan a V Carreira Pedestre Popular Concello de Touro

0

Touro, 29 de maio do 2017 –  Santiago Brea, do Club Atletismo Milladoiro, fíxose coa V Carreira Pedestre Popular Concello de Touro, sobre un percorrido de dez kilómetros.

Santiago Brea foi o campión masculino na categoría absoluta, cun tempo de 37.16. O segundo posto ocupouno Alberto Rodríguez; do Clube Sar-Vermú Petroni (37.41); e o terceiro: Ricardo Villar, que participou sen Clube e que marcou un tempo de 38.05. Na categoría feminina a primeira corredora en chegar a meta foi Cristina Carril, do Club Atletismo Vagalume de O Pino, cun tempo de 48.47.

Máis de 200 corredores participaron na V Carreira Pedestre Popular Concello de Touro. Un día con nubes pero no que non choveu durante a proba, serviu para atraer a afeccionados ao running de toda a comarca de Santiago. A proba na categoría absoluta constaba de dez kilómetros e discurriu por diferentes puntos do Concello de Touro, fundamentalmente no núcleo urbano de Fonte Díaz.

Trala proba absoluta sucedéronse as carreiras das categorías inferiores. A organización ofreceu unha camiseta a todos os participantes e entregou os trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría. Tamén tiveron premio os tres primeiros corredores locais da categoría absoluta. A entrega de premios, que estivo a cargo do alcalde da localidade, Ignacio Codesido, e da concelleira de Deportes, Adela Iglesias, foi a eso das 13.00 horas, fronte á sede do Concello de Touro, en Fonte Díaz.

Na organización da carreira, ademais do Concello de Touro, participaron a Federación Galega de Atletismo, a Deputación da Coruña e a imprenta Ayude de Arzúa. O alcalde de Touro agradeceu a todos os atletas a participación nesta proba que xa se consolida como unha cita clásica nas probas pedestres da comarca de Santiago. Animou tamén aos participantes a apuntarse na proba do 2018.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial