займ срочно

Rubén Diz e Paula Mayobre gañan na Carreira Popular de O Pino

0

O Pino, 3 de maio do 2017 –  Rubén Diz Díaz, do Sociedade Gimnástica de Pontevedra, cun tempo de 25:53, e Paula Mayobre González, do Clube Atletismo Clínica Dental Seoane Pampí, con 29:17, foron os gañadores absolutos da XIV Carreira Popular Concello do Pino que congregou o pasado domingo a medio millar de atletas.

Esta proba, a segunda do V Circuito de Carreiras Populares da Deputación da Coruña, tivo como gañadores nas categorías cadete masculino e xuvenil a Alonso Campo Diego, de Ames, con 10:32, e a Patricie Viadel Turjanicová, de Teo, cun tempo de 12:52.

Na categoría infantil e cadete feminina impuxéronse Brais Picón Montero, de Bertamiráns, cun tempo de 7:10, e Enma Argibay Domíguez, do Pino, que cruzou a meta en 7:12

Polo que respecta a clasificación en categoría benxamín-alevín, os gañadores foron Javier Picos Galcerán, de Culleredo, cun tempo de 03:11 e Sofía Dodman Vázquez, de Teo, con 3:15.

Iván Fernández Mela, do Pino, con 1:36 e Xiana Choren Rivas, de Arzúa, con 1:39, foron os primeiros na meta na categoría Benxamín.

Na carreira de canicross, os vencedores da proba foron Óscar Piñeiro Pérez, con 9:36; e Mónica Touriño Ferreirós, don 10:24, ambos do club Kennel Den.

As clasificacións oficiais destas probas pódense consultar nos seguintes enlaces:

Carreira Popular: http://www.carreirasgalegas.com/resultado-externo/xiv-carreira-pedestre-popular-concello-de-o-pino-v-circuito-dep-provincial-de-a-coru%C3%B1a/391dd959-86f2-5671-700e-39dda27c07bf

Canicros: http://emesports.es/event/canicross-popular-concello-de-o-pino-2017/

Fotos da carreira:

https://www.facebook.com/pg/ConcelloDoPino/photos/?tab=album&album_id=724088827768757

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies