Silleda prepara a Carreira Solidaria do Románico coa Fundación Baiuca Verdescente

0

Silleda, 19 de xuño do 2018 – A Fundación Baiuca Verdescente e o Concello de Silleda volverán a colaborar  na Carreira Solidaria do Románico o próximo 22 de xullo.

A cita ten como obxectivo promocionar o Románico e poñer en valor o patrimonio cultural e arquitectónico da zona.  A proba terá dúas modalidades, unha carreira cronometrada e unha andaina, con paradas en distintos puntos de interese.

Co que se recade por parte dos patrocinadores e participantes, a Fundación Baiuca Verdescente desenvolverá unha nova edición do Programa IDE (Investiva, Debate, Educa) Silleda, coa participación de mozos e mozas da comarca. Así mesmo esta cita solidaria reverterá na mellora do patrimonio cultural.

“Dende o Concello agradecemos a iniciativa da Fundación Baiuca Verdescente, que ten como obxectivo a promoción fomento e difusión da nosa cultura, e en especial dos aspectos relacionados co Camiño de Santiago e o Románico”, explica a concelleira de Cultura, Turismo e Deportes, Ana Luisa González, que mantivo un encontro con membros da organización do certame e técnicos municipais para perfilar os detalles do evento.

Con esta iniciativa a fundación que preside a silledense Nieves López Neira volve apostar por Silleda logo da exitosa celebración da I IDE Silleda, na que participaron estudantes do municipio o mes pasado.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial