Carreira solidaria nocturna a prol de Mencer en Lalín

0

Lalín, 15 de maio do 2019 – Onte presentouse a Carreira solidaria nocturna “O Mencer Lalín” que se celebra o sábado, día 25, organizada polo Club Atletismo Deza e a Asociación O Mencer, en colaboración co Concello de Lalín. 

O 100% da recadación desta proba vai destinada á Asociación de Voluntariado O Mencer, que xestiona o banco de alimentos na comarca do Deza e que precisa axuda urxente de todos e todas para sanear as súas contas. É po iso polo que dende o Concello de Lalín se anima a participar a toda a cidadanía nunha carreira que ademais conta con probas deseñadas para todas as idades e cun circuíto urbano en categoría absoluta apto para todos os niveis e cunha distancia de 6 quilómetros.

Os organizadores sinalan que  haberá moitas sorpresas e dentro do evento tamén se celebrará a “carreira da visibilidade”. Trátase dunha proba organizada en colaboración con diferentes colectivos locais destinada a corredores adultos e infantís con diversidade funcional que terá lugar dentro da carreira solidaria. O obxectivo desta proba é o de darlle visibilidade e recoñecemento á discapacidade. As inscricións en categoría absoluta teñen un prezo de 5 euros, destinados integramente a O Mencer, mentres que as demais probas son de valde. Os corredores deben apuntarse na páxina web sportmaniacs.com antes do día 23 de maio.

A entrega de dorsais realizarase o propio día da carreira a partir das 19.00 horas, nas inmediacións da zona de saída, que se sitúa no Quilómetro Cero. As probas escolares comezarán ás 20.30 e a absoluta ao finalizaren estas. Ao finalizara a carreira terá lugar a entrega de trofeos e haberá sorteos e agasallos. 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial