‘Cartografías da narrativa galega contemporánea’, de Xaquín Núñez, Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2019

0

Compostela, 27 de decembro do 2020 – A obra Cartografías da narrativa galega contemporánea, de Xaquín Núñez Sabarís, resultou gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2019.

O galardón acadado por Cartografías da narrativa está convocado pola Consellería de Cultura e Turismo e Editorial Galaxia co patrocinio de Caixa Rural Galega e está dotado con 3000 euros e a publicación da obra por Galaxia durante o próximo ano.

O xurado, que concedeu o premio por maioría e salientou a calidade dos orixinais presentados e a variedade de temas tratados neles, valorou moi especialmente o achegamento ao discurso literario galego desde unha perspectiva aberta ao transmedia e á cultura de grande difusión.

A obra revela dunha maneira anovadora e lúcida cambios repertoriais na produción galega a través do estudo do thriller xacobeo, a novela viguesa e o auxe da narcoficción. Integrárono África López Souto, Luís Alonso Girgado, María López Sández, Anna Rodríguez Figueiredo e Carlos Lema (este último, como secretario con voz e voto).

O autor, Xaquín Núñez Sabarís, é doutor en Filoloxía Hispánica e profesor asociado titular do Departamento de Estudos Românicos da Universidade do Minho, institución en cuxo Centro de Estudos Humanísticos desenvolve o seu labor investigador no marco do grupo de investigación Identidade(s) e Intermedialidade(s). Participa tamén no grupo de investigación dedicado ao estudo da obra de Valle-Inclán da Universidade de Santiago de Compostela.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial