Abre a segunda planta da Casa da Cultura de Melide

0

Melide, 8 de outubro do 2017 – A Casa da Cultura de Melide ten xa rematada a súa segunda planta que aporta 150 novas butacas co que o aforo chega a 500 en total.

A obra realizada recentemente na Casa da Cultura de Melide consistiu na adecuación da segunda planta que estará operativa só para aqueles eventos nos que se necesite un gran aforo. Na obra colocuse tamén a infraestrutura necesaria para luces. A alcaldesa Dalia García afirmaba nunha visita as obras que  “aínda estamos realizando algunhas melloras máis no eido do equipamento escénico mais unha vez rematadas dotarán a Melide dunha Casa da Cultura cunhas características similares aos grandes auditorios das cidades”. As obras desta última fase da Casa da Cultura de Melide tiveron un orzamento de 151.684,35 euros.
Máis de 500 butacas
A planta baixa da Casa da Cultura de Melide conta na actualidade con 360 butacas, que en moitas ocasións quedábanse curtas para acoller a os veciños que participan nas diferentes actividades, proxeccións, pasarelas, que se levan a cabo durante todo o ano. Agora, coa segunda planta, súmanse un total de 150 butacas, o que dará cabida para máis de medio milleiro de persoas durante as actuacións se realicen na instalación.

Sala de exposicións

Aínda que o máis utilizado da Casa da Cultura é o auditorio, a instalación tamén conta cunha ampla sala de exposicións que periodicamente se abre ao público para expoñer diferentes mostras pictóricas, fotográficas, escultóricas, etc…

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies