займ срочно

Casa Grande de Xanceda volve a usar os iogures para buscar a adopción de cans abandonados

0

Bisbarra, 4 de outubro do 2017 – Aínda que Mesía no queda exactamente na bisbarra a iniciativa da Casa Grande de Xanceda de usar os iogures para buscar a adopcións de cans abandonados parécenos moi interesante.

Hoxe é o día mundial dos animais. Coincidindo con esta data a granxa ecolóxica Casa Grande de Xanceda lanza unha campaña solidaria para fomentar a adopción de cans abandonados, converténdoos nos protagonistas dos seus envases.

Safira é unha das protagonistas da campaña. Unha cadeliña vítima do abandono que, como eles din,  podería ser a raíña da túa casa. A foto de Safira e a súa habilidade para reinar chegarán nos próximos días a miles de fogares a través da súa imaxe plasmada no packaging dos iogures ecolóxicos da Casa Grande de Xanceda.

Safira e os outros sete protagonistas da campaña, non teñen fogar e viven de forma temporal en distintas protectoras de España, onde voluntarios os coidan e buscanlles un novo fogar.

A idea desta campaña co nome “Ti elixes quen son”, é humanizar aos cans, e ensinar como un can abandonado pode chegar a ser, o noso compañeiro de sestas, a nosa mellor medicina ou o ladrón dos nosos bicos.

Desta forma tan orixinal estes iogures ecolóxicos fomentan, a través dos seus envases, a adopción destes cans sen fogar co obxectivo de atoparlles casa e de sensibilizar, en xeral, a todos os consumidores da importancia da adopción.

Casa Grande de Xanceda está situada na localidade coruñesa de Mesía e especializada na produción de lácteos ecolóxicos, incorpora nos cartoncillos dos seus iogures imaxes de cans reais que viven en distintas protectoras. Para iso, un equipo cun fotógrafo profesional desprazouse a cada unha destas protectoras para facer un fotoshooting .

Ademais do reverso do cartón na páxina web tueligesquiensoy.com tedes toda a información necesaria para adoptalos: a súa idade, tamaño, carácter, etc. así como o contacto da protectora na que actualmente viven.

Educar no respecto aos animais.

Malibu

A campaña que pon cara a estes peludos a través dos iogures, forma parte dun proxecto de compromiso social sobre tenencia responsable de animais, chamado “Educando con Malibú”. Un proxecto educativo que a granxa galega emprendeu coa esperanza de que a educación e a concienciación consigan que España baixe do podio dos países que máis abandonan da UE.

Educando con Malibú debe o seu nome a unha pequena peludita, Malibú, que foi rescatada en 2016 do abandono e que agora vive na Casa Grande de Xanceda. Viaxa de colexio en colexio ensinando aos nenos de primaria o respecto aos animais e responsabilidade coas súas mascotas.  Son clases  impartidas pola propia Malibú e persoal do equipo de Casa Grande de Xanceda. Estas clases son totalmente gratuítas e realízanse con material deseñado especialmente para os máis pequenos e co fin de impartir unha clase que sexa entretida pero moi educativa ao mesmo tempo. No curso 2016-2017 Malibú concienciou a 1800 nenos de primaria e viaxado por numeroso colexios da provincia da Coruña, este ano o seu obxectivo é chegar a moitos máis colexios! Pódese solicitar os servizos de Educando con Malibú na web educandoconmalibu.com

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies