Casalonga Limpa de Residuos fixo balance do traballo realizado

0

Teo, 21 de xaneiro do 2019 – A Plataforma Casalonga Limpa de Residuos fixo balance do traballo realizado nunha reunión coa presenza de numerosos veciños da zona e da contorna.

A asemblea tivo lugar o pasado venres no restaurante San Martiño. A reunión serviu para lexitimar á coordinadora da Plataforma Casalonga Limpa  de Residuos. No encontro aprobouse tamén a pertenza á rede Platafor-mas Compostela-Ulla-Tambre.

A plataforma teense leva 8 meses de traballo desde que se coñecera o proxecto para a instalación dunha planta de residuos na antiga canteira da Casalonga. A primeira gran acción realizada pola Plataforma foi unha andaina reivindicativa que xuntou, no pasado mes de xuño, a centos de persoa que rodearon a canteira nunha cadea humana.

Agora denuncian que o proxecto de restauración presentado pola empresa é un xeito de deixar residuos nos terreos como modo de recheo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial