Casalonga Limpa de Residuos oponse ao proxecto de restauración de Toysal

0

Teo, 20 de setembro do 2018 – A Plataforma Casalonga Limpa de Residuos ven de convocar unha asemblea este venres ante o proxecto de restauración presentado por Toysal.

Para Casalonga Limpa o proxecto de restauración, presentado en xullo na Dirección Xeral de Minas, ten a mesma intención que a planta de residuos “converter nun vertedoiro de grandes dimensións o monte da Casalonga”.  Despois de que o concello denegara a licenza para a planta, este novo proxecto baixo o nome de proxecto de restauración, basease no recheo do oco da canteira con residuos, algúns deles do mesmo tipo que se pretendían reciclar como o caso dos chamados tecnosolos.

Para a Plataforma a intención da empresa non mudou “crear na canteira da Casalonga un macrocomplexo de recepción de residuos introducindo, por un lado 90.000 toneladas de residuos orgánicos coa instalación da planta e, por outro unhas 200.000 tonelada ao ano de residuos de obra e “outros” para esparexelos na terra, a auga e o aire da contorna. Todo isto baixo a máscara dunha planta de biogás e un plan de restauración dunha canteira”.

O colectivo veciñal lembra os datos xa explicados en outras ocasións “o cálculo do tráfico pesado pode darnos unha idea da dimensión do vertedoiro. Preto de 200 camións diarios serán os que circularán cara a canteira, ao redor de un cada 2 minutos. A isto temos que engadir a mala fama que teñen as empresas deste sector en Galicia. Abondan exemplos, algúns desta mesma empresa, nos que o incumprimento dos vertidos permitidos é continuo, tendo como resposta, no mellor dos casos sancións irrisorias, e na maior parte dos outros (vertedoiro de Miramontes) nada. Rara vez se decreta o cese da actividade e o delito é rendible para as empresas”.

Mañá venres a plataforma convoca a unha asemblea aberta con carácter de urxencia no restaurante San Martiño ás 20.30. Alí informarase da situación actual e organizarase a seguinte gran mobilización que terá lugar este domingo 23 ás 11 da mañá. Formarase unha cadea humana ao longo dos máis de 2 km da estrada que atravesa a canteira. Esta cadea humana, ademais de simbolizar a unión dun pobo en loita, tamén quere deixar unha mensaxe clara, “esta cadea é o muro co cal se vai a atopar calquera actividade que pretenda esnaquizar as nosas vidas envelenando a terra que pisamos, a auga que bebemos e o aire que respiramos”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial