займ срочно

Casalonga Limpa pídelle a Pedro Sánchez medidas contra os vertidos nas canteiras

0

Teo, 24 de febreiro do 2020 – A Plataforma Casalonga Limpa de Residuos aproveitou a visita do Presidente do Goberno, Pedro Sánchez, a Compostela para pedirlle medidas contra os vertidos nas canteiras.

Os representantes de Casalonga Limpa explicaron ao Presidente Sánchez que a lexislación estatal sobre a xestión dos residuos das industrias extractivas permite que máis de 200 canteiras en desuso en Galicia poidan converterse en vertedoiros encubertos altamente prexudiciais para a saúde

A plataforma aproveitou a ocasión para regalarlle unha camiseta da Casalonga e entregarlle en man un escrito cunha proposta de modificación dos reais decretos 975/2009 e 105/2008 que obrigan a restaurar as canteiras en desuso con calquera tipo de materiais, chamándolle “materiais valorizados” só polo feito de enterralos. As empresas que xestionan residuos aproveitan estas lagoas legais para instalar vertedoiros altamente contaminantes en lugares totalmente inapropiados como aqueles próximos ás casas, densamente poboados e cun gran patrimonio histórico e cultural como é o caso do entorno da Casalonga, no concello de Teo.

Casalonga Limpa pídelle a Pedro Sánchez medidas contra os vertidos nas canteirasRepetidas peticións da Plataforma

Non é a primeira vez que a Plataforma traslada esta petición ao goberno. En 2018 entregaron o primeiro escrito para o Ministerio de Transición Ecolóxica con esta solicitude. En febreiro de 2019 entrevistáronse co deputado do PSOE pola provincia da Coruña, Ricardo García Mira. En abril do mesmo ano unha representación da plataforma foi a Madrid a reunirse co entón secretario de estado de medioambiente, Hugo Morán, obtendo compromisos verbais de revisar estes decretos pero sen ningunha modificación na práctica.  

O goberno galego tamén ten da súa man acabar con esta situación, sendo tema de debate no parlamento galego en varias ocasións. Con cambios lexislativos autonómicos tamén se podería acabar con estas malas prácticas.

Convocatoria de manifestación

Foi a falta de resposta efectiva a estas conversas a que motivou a Plataforma  a convocar unha manifestación o vindeiro mes de marzo en Compostela. A pequena conversa con Pedro Sánchez foi unha máis das accións que pensan levar a cabo antes de esa cita.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies