Sospeitan que a planta da Casalonga serviría para reciclar lodos da celulosa de ENCE

0

Teo, 3 de xullo do 2018 – A Plataforma Casalonga Limpa cre que o proxecto que Toysal quere instalar en Teo serviría para reciclar lodos da celulosa que ENCE ten en Pontevedra.

Na documentación presentada no concello de Teo Toysal inclúe o chamado código LER que corresponde co tratamento de residuos procedentes de celulosa. Según explica a plataforma “as industrias coas que traballa Toysal son diversas e de todos os sectores, pero os residuos que chegarían á Casalonga serían do sector conserveiro, depuradoras municipais, sector da alimentación, químicas, fosas sépticas, sector automoción e o sector presuntamente máis importante para Toysal, a fabricación e transformación da pasta de papel”. ENCE pode ser, según isto, o principal produtor de lodos residuais industriais dos que xestiona Toysal.

Toysal busca, según os representantes veciñais “unha saída á planta de Xiloga que ten en As Somozas pois está ao límite e leva así seis anos”. Na solicitude presentada fálase de xestión de lodos residuais industriais, unha denominación que, según a Plataforma, é “un eufemismo co que Toysal quere disfrazar os códigos LER. Son os residuos que quedan nas depuradoras das empresas despois do tratamento das súas augas, aceites, materiais químicos, etc. Todo o que non se pode devolver ao medio ambiente pero superconcentrado. Esto é o que queren verter nun lugar residencial limítrofe cos concellos de Ames, Padrón, Rois e Santiago e con 20.000 habitantes a menos de 2km”.

Debate sobre as ameazas medioambientais

Casalonga Limpa de Residuos coordinouse con outras plataformas da contorna de Santiago e coa plataforma en defensa da ría dende os seus comezos. Entenden que a problemática da xestión das empresas altamente contaminantes en Galicia ten unha mesma raíz. Mañá 4 de xullo, ás 20h na Casa do Matadoiro en Santiago, participará no acto proposto pola plataforma en defensa do Sar “Micro aberto. As problemáticas medioambientais da contorna” á que esperan asista toda a cidadanía interesada. O obxectivo deste acto é visibilizar a elevada concentración de problemáticas mediambientais da nosa contorna e recoller as necesidades de cada plataforma e as ideas e propostas de traballo conxunto.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies