Casas do Amilladoiro, única promoción de obra nova no Milladoiro, Ames

0

Entre as prestacións diferenciais da promoción destaca o local social no baixo dos edificios, unha forma práctica e cómoda de completar a superficie disponible de cada vivenda. Casangular organiza visitas individualizadas dos compradores ás súas vivendas para un chequeo de control, antes da entrega.

imaxe da promoción en amesAmes, 11 de outubro do 2016, Antes de proceder á entrega das vivendas, Casangular vai desenvolver durante este mes de outubro unha novidosa iniciativa para dar un servizo de maior calidade, que consiste nun proceso de revisión individualizado de cada unha das casas, unha vez rematadas as obras, no que participarán profesionais da comercializadora e da Dirección Facultativa e os compradores de cada casa. O obxectivo destas visitas é que os compradores teñan a oportunidade de supervisar  todas as estancias e equipamentos e comprobar que están en perfecto estado.

Deste xeito, Casangular quere garantir a entrega de cada vivenda a cada propietario en condicións óptimas, antes de proceder a escriturala, e evitar as molestias que poderían derivarse dalgunha posible incidencia que agora pasase inadvertida.

Esta iniciativa está enmarcada na estratexia de calidade e atención ao cliente de Casangular, que acredita así o seu compromiso co traballo ben feito e coa súa filosofía  de construir vivendas a conciencia, coa profesionalidade que a obra require en cada unha das súas fases.

O obxectivo da promotora é velar pola calidade da edificación, un criterio que ten estado presente dende o inicio das obras e que quere estar presente tamén nesta fase final, facilitando aos compradores este chequeo de control, antes do trámite da entrega.

O 75% das vivendas xa está vendido

As Casas do Amilladoiro son vivendas con prestacións extra diferenciais, unha das máis salientables é que conta cun local social no baixo dos edificios para celebrar festas ou cumpreanos, unha forma práctica e cómoda de completar a superficie disponible  de cada vivenda, cun espazo de expansión para certas ocasións.

As vivendas entréganse coas cociñas completamente amobladas e equipadas con todos os electrodomésticos, incluido lavavaixelas.  As persianas son metálicas e motorizadas. E o abastecemento de enerxía é a través de gas e de placas solares, para asegurar un notable aforro na factura do subministro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial