Castelao paseará de novo por Compostela

0

Compostela, 4 de xullo do 2019 – Ao igual que o ano pasado Valle-Inclán é Rosalía acompañaron a máis de 800 persoas a percorrer a cidade, este ano será Castelao quen de novo acompañe a quen o desexe polas rúas de Compostela.

Castelao paseará de novo por CompostelaAs visitas guiadas da man de Castelao é unha iniciativa de Turismo de Santiago co apoio da Xunta de Galicia. A xerente de Turismo, Flavia Ramil, o concelleiro, Sindo Guinarte, e o actor e guía Suso Martínez foron os encargados de presentar a actividade en rolda de prensa.

O enfoque das visitas está pensado para un público familiar, que non precise dun coñecemento profundo da obra e vida de Castelao. Poden participar tanto turistas como persoas que residen en Santiago e queren redescubrir a cidade a través da súa mirada. O escritor, e médico, pasou os seus anos de estudante en Compostela onde repousan tamén os seus restos, no Panteón de Galegos Ilustres.

As visitas, de balde, comezan ás 18:00 na Alameda, xunto a estatua de Valle-Inclán. Trátase dunha actividade aberta, polo que non é preciso facer reserva previa, pero é recomendable presentarse dez minutos antes no punto de saída.

SONY DSC

O itinerario é: parque da Alameda, praza do Toural, rúa do Vilar, praza de Fonseca, praza do Obradoiro, praza da Quintana, Casa da Troia, Casas Reais, praza 8 de Marzo e San Domingos de Bonaval. Ten unha duración aproximada dunha hora e media. As visitas, pensadas no mes de xullo para complementar a programación das festas do Apóstolo, serán os días 7, 9, 16, 18, 21, 23, 25, 28 e 30.

Estas visitas, que contan co financiamento da Xunta de Galicia a través de Turismo de Galicia e de Abanca, continúan co traballo de posta en valor do atractivo da cidade a través das figuras de escritores e escritoras de relevancia que pasaron parte das súas vidas na cidade.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial