займ срочно

O Castro de Socastro en Rois acolle a rapaces de seis países

0

Rois, 6 de agosto do 2017 – Un grupo de trece mozos procedentes de seis países continúan as tarefas de escavación, catalogación e limpeza do Castro Socastro de Rois, nun campo de traballo internacional financiado pola Dirección Xeral de Xuventude e o Concello de Rois.

O alcalde, Ramón Tojo, e o delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, compartiron uns minutos cos participantes, arqueólogos, directora e monitores desta actividade que se prolongará ata o 12 de agosto.
Durante este días, mozos de 18 a 30 anos de México, Italia, Francia, Holanda, Alemaña e España (valencianos, andaluces e galegos) farán tarefas de limpeza da contorna do castro, ademais de lavar, identificar e catalogar algunhas das máis de 1.000 pezas recuperadas do Castro de Socastro durante os dez anos que se leva escavando neste asentamento celta ubicado na parroquia de San Pedro de Herbogo.

“Queremos poñer en valor o patrimonio que nos deixaron os nosos antepasados e, ao mesmo tempo, colaborar a que se coñeza Rois en todo o mundo”, indicou o alcalde, Ramón Tojo.
Pola súa parte, Ovidio Rodeiro destacou que os campos de traballo “contibúen á difusión de valores como a participación, a solidariedade, o coñecemento da contorna e o traballo en equipo, ademais de fomentar a mobilidade, pois ofrece aos mozos e mozas a oportunidade de tomar parte en campos doutros países”.

O campo de traballo Castro de Socastro forma parte da campaña de verán da Xunta de Galicia, na que participan 9.572 persoas de 9 a 30 anos e conta cun investimento do goberno galego de 9,2 millóns de euros.
En concreto, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado achega 10.888 euros ao campo de traballo Castro de Socastro e o Concello de Rois aporta os 5.655 euros para completar a financiación desta actividade.

O Castro de Socastro está configurado por un recinto principal de planta oval dunhas dimensión de 125 por 85 metros, delimitado por un parapeto de terreo que apenas sobresae un metro desde a superficie interior e que cae entre tres a cinco metros ao exterior. Este castro é visible dende todas as montañas que rodean a conca fluvial do río Valeirón, polo que os arqueólogos que dirixen a escavación sospeitan que este centro chegou a ser a acrópole máis importante da comarca.

Segundo a arqueóloga que dirixe o campo de traballo, o Castro de Socastro estivo ocupado durante máis de 600 anos, entre os séculos dous antes de Cristo e o século catro da nosa era.
Neste recinto levase traballando dez anos, durante os cales se recuperaron máis de mil pezas. Este ano non se continuarán as escavacións, polo que os asistentes ao campo de traballo farán prácticas de limpado, siglado e debuxo arqueolóxico do recinto e arredores, ademais de lavar, catalogar, estudiar e recompoñer algunhas das pezas xa recuperadas ata o momento. A maioría destas pezas están depositadas e custodiadas no museo provincial.

Os participantes no campo de traballo están aloxados no polideportivo de Rois. Polas mañás fan as tarefas directamente relacionadas co castro e, polas tardes, reciben charlas sobre arqueoloxía e fan excursións, rafting e sendeirismo para coñecer Rois e a súa contorna.

Organizado pola empresa Pekexogo Animación e Ocio, o campo de traballo Castro de Socastro conta con dúas arqueólogas, unha directora do campo de traballo e dous monitores.
A pretensión do Concello de Rois e chegar á reconstrución do castro co fin de deixalo a vista para todos os veciños e visitantes do concello.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies