O catastrazo do PP fai tremer ás familias en Teo

0

O BNG de Teo denunciou o ano pasado que Son de Teo e PSOE subiron o IBI un 25% en Teo
Fonte: BNG Teo

Teo, 18 de outubro do 2016.- Chegou o catastrazo! Aos veciños e veciñas de Teo xa lles están chegando os recibos do catastrazo do PP, un ataque directo ás economías familiares.

Comezou sendo a chamada regularización catastral a través do pago de 60 euros e rematou converténdose nunha revalorización das propiedades que agora chega ás vivendas en forma de recibos e coa aplicación da contribución municipal do 0,6% aprobado polo goberno municipal en setembro de 2015. Unhas medidas que discriminan especialmente a Galiza e as economías do rural.

E por se fose pouco, están reclamando catro anos de “atrasos”, aínda que se dea o caso de que o feito impoñíbel non existirá hai máis de dous anos, e incluso contando con licenza municipal no caso de construcións. Mais para desgraza dos habitantes do concello de Teo, o goberno municipal de Son de Teo/Anova e PSOE decidiron modificar a ordenanza da contribución en Teo en setembro de 2015 asumindo as subas do Partido Popular, e rexeitando a proposta do BNG de manter o tipo vixente en Teo.

Estas medidas supóñenlle ao Concello case 800.000 euros máis de ingresos para 2016 que veñen dos recibos que están chegando ás casas estes días de outubro e que castigan aínda máis as economías das veciñas e dos veciños do concello. O BNG a través do seu portavoz municipal, Manuel Anxo Fernández Baz, manifesta máis unha vez a súa disconformidade con todo o proceso de regularización catastral que está levando a cabo o Goberno do Partido Popular a través do Ministerio de Facenda e coa decisión do goberno municipal de Sisto e Lemus de manter o do tipo do IBI no 0,6%.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial