займ срочно

O CC Padronés Cortizo-Anova pecha a tempada con excelentes resultados

0

Padrón, 2 de outubro do 2017 – O CC Padronés puxo fin este sábado en Lugo a unha máis que brillante tempada que confirma a progresión que experimentou a entidade ao longo do ano así como o seu gran traballo coa base do equipo.

O fin de semana estivo repleto de actividade coa celebración do Trofeo Festas do Cristo en Porriño o venres e o Gran Premio Ciclista San Froilán en Lugo o sábado, engadindo sete podios máis ao seu extenso palmarés do CC Padronés.

O venres, en Porriño, o Cortizo-Anova acudía á cita con cadetes, juniors, elite e sub23. Destacable a actuación dos canteiráns cadetes que quedaron ás portas da vitoria logrando Miguel Mera o segundo posto e Manuel López o terceiro. En categoría elite, a mala sorte cebouse con Aser Estévez, que acudía á cita como líder da Copa Galicia con 11 puntos de vantaxe sobre o segundo (Luís Mariño, do Cambre-Caeiro) e unha caída mentres quentaba impediulle disputar a proba quedándose finalmente sen o título.

O sábado, todas as categorías inferiores do club Padronés acudían á última proba da tempada, o Gran Premio Ciclista San Froilán en Lugo, onde cinco representantes do Cortizo-Anova subiron ao podio. Os primeiros en facelo foron Nicolás Puga,  que se impuxo na categoría promesas masculino e Aloa Branco, vencedora en principiantes feminina. En categoría infantil, Laura Tenente unha vez máis subiu ao terceiro caixón do podio. E en categoría cadete, Pablo Lueiro e Miguel Mera completaron o botín cun segundo e terceiro posto respectivamente.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies