Raúl García de Mateos do CC Padronés terceiro en Vetusta

0

Padrón, 13 de agosto do 2018 – Novo éxito do Club Ciclista Padronés, Cortizo-Anova, cunha terceira posición na xeral da Volta a Vetusta.

O Cortizo- Anova desprazouse este fin de semana a Asturias para disputar a Volta a  Vetusta, unha rolda con categoría  Challenge que constaba de dúas espectaculares etapas.

A primeira, con saída en Oviedo e final no mítico alto de  l’ Angliru, foi unha etapa durísima na que Raúl García de Mateos conseguiu terminar en terceira posición. Na segunda e decisiva etapa asturiana, cun percorrido de 160 km con saída e meta en Oviedo, de Mateos mantivo a súa posición ao entrar ao sprint entre os 15 primeiros corredores.

O podio da xeral foi similar ao da primeira etapa coa vitoria de  Anatolli  Budiak ( ULB  Sports-Natural  Greatness) seguido de Carlos Ruiz ( Lizarte) e completado polo corredor do equipo padronés, Raúl García de Mateos.

A canteira, en Cambados

Gran actuación da canteira este sábado no 50  GP Albariño en Cambados.

Bruno  Puceiro anotouse outra vitoria en categoría infantil e Laura Tenente volveu a subir ao podio para recoller o terceiro premio en cadete.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial