займ срочно

O Centro Dramático Galego, CDG,  abre a súa sede polo Día Mundial do Teatro

0

Compostela, 26 de marzo do 2018 – O Centro Dramático Galego, CDG, festexará o Día Mundial do Teatro cunha xornada de portas abertas este martes 27 de marzo na súa sede en Santiago. A iniciativa amosaralle ao público o edificio do Salón Teatro e a súa historia, ao tempo que lles permitirá coñecer máis a fondo o día a día nos escenarios.

O CDG organizou cinco visitas ao longo do día: tres pola mañá (10,00 h., 11,30 h. e 13,00 h.) e dúas pola tarde (16,30 h., e 18,00 h.). Son gratuítas e están dirixidas a todos os públicos, só cómpre confirmar previamente a asistencia nos teléfonos 881 867 229 / 228 ou no enderezo electrónico centro.dramatico.galego@xunta.gal ata o 26 de marzo.

“Que tempos serán os que vivimos, que hai que defender o obvio”, cita do dramaturgo alemán Bertolt Brecht, serve este ano de lema condutor das visitas. O punto de encontro é o exterior do número 34 da rúa Nova, onde os asistentes terán oportunidade de comprender a evolución do edificio, dende a súa primeira reconstrución no 1919 como salón cinematográfico ata a adquisición do inmoble pola Xunta de Galicia e as derradeiras reformas a finais dos anos noventa do século pasado, que o levaron á súa recuperación como espazo escénico.

Ao longo da actividade, percorreranse estancias coma os camerinos, a lavandaría ou a xastraría, e accederase a espazos máis técnicos do teatro. Ademais, os participantes das quendas nos horarios de tarde terán posibilidade de presenciar un momento dos ensaios da nova produción da compañía pública, Divinas Palabras Revolution, que se estreará o 12 de abril nese mesmo escenario baixo a dirección de Xesús Ron. De feito, as visitas concluirán na sala da biblioteca, onde se realizará un sorteo de cinco entradas dobres, unha entre cada quenda de participantes, para poder asistir a algunha das funcións do espectáculo en Compostela, onde está programado ata o 29 de abril.

 O CDG ten previsto repetir a xornada de portas abertas o 17 de maio, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies