O CDG e Pista Castro recuperan o Arnoia Arnoia de Méndez Ferrín

0

Compostela, 10 de outubro do 2018 – O Centro Dramático Galego abre tempada cunha coprodución con Pista Catro, compañía referente do circo en Galicia, na que teatralizan a obra Arnoia Arnoia de Méndez Ferrín.

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil; a directora do CDG, Fefa Noia, e o equipo artístico e de produción de Arnoia Arnoia. O circo da casa pequena presentaron esta ollada ao imaxinario múltiple de Méndez Ferrín, pasado pola peneira do director Quico Cadaval. A peza estará ata o 20 de outubro con distintas funcións e estrearase este xoves día 11.

Será a cuarta montaxe que dirixe Quico Cadaval para o CDG despois do Ano da cometa no 2004, As dunas no 2009, e a Ópera dos tres reás no 2011. Na presentación contou como este proxecto nace dunha ídea xurdida hai moito tempo de madrugada

O director de AGADIC, Jacobo Sutil, defendía a importancia das coproducións e as residencias, como xeito de facilitarlle o traballo as compañías, así como as visitas escolares

A directora do Centro Dramático, Fefa Noia, agradecía o esforzo de Pista Catro e Quico Cadaval e repasaba os eventos que pasarán polo Salón Teatro ata final de ano

Quico Cadaval regresa ao Salón Teatro como director de Arnoia Arnoia, que combina teatro e circo para levar ás táboas a coñecida novela homónima de Xosé Luís Méndez Ferrín, incluída na listaxe de honra da Organización Internacional para o Libro Xuvenil (IBBY). Neste escenario poderá verse ata o 20 de outubro, con funcións de xoves a sábados, ás 20,30 h., os domingos, ás 18,00 h., e pases matinais concertados con centros escolares do martes 16 ao xoves 18, ás 11,00 h.

Arnoia Arnoia, o circo da casa pequena

Os recursos circenses son aquí claves para resolver en escena as aventuras e prodixios desta historia, que comeza cando Nmonadah, un adolescente de 16 anos, perde os seus seres queridos na guerra. A partir desde momento, vese só para iniciar un camiño asexado por perigos, que adquiren forma de luminosos e inquietantes artistas de circo. Para regresar á súa casa pequena, deberá superar unha serie de difíciles probas coa axuda do amuleto Libredón e do castrón Mestre Lionel.

Ánxela Blanco, Aitor Garuz, Pablo Reboleiro, Álvaro Reboredo e Beatriz Rubio conforman o elenco de Arnoia Arnoia, que conta con Baltasar Patiño no deseño da escenografía e da iluminación; Carlos Alonso, no do vestiario; Xurxo Pinheiro, a cargo da música; Rubén Vilanova, da fotografía; Juan Gallego, da imaxe; Belém Brandido e José Expósito na produción; e Marcos Ptt Carballido e Clara Gayo como axudantes de dirección.

Os espectadores interesados en afondar no proceso de creación e posta en escena desta nova peza de Pistacatro terán, ademais, a oportunidade de conversar ao respecto co equipo artístico no encontro que se desenvolverá ao finalizar a función de tarde do xoves 18. O espectáculo está recomendado para todos os públicos, a partir dos 10 anos de idade.

Venda de entradas

A venda anticipada das localidades está xa activada no web entradas.abanca.com e mais no teléfono 902 434 443. Os días de función poderán adquirirse no despacho de billetes do Salón Teatro desde dúas horas antes do comezo do espectáculo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial