O CEIP de Silleda e o Concello solicitaran unha reunión co conselleiro para abordar a situación do centro

0

Silleda, 24 de abril do 2018 – A Sala de Xuntas do Concello de Silleda acolleu unha xuntanza convocada polo alcalde, Manuel Cuiña, coa comunidade educativa do CEIP Plurilíngüe de para falar da situación na que se atopan as dependencias deste centro escolar.

Na xuntanza acordouse solicitar un encontro co conselleiro de Educacion, Román Rodríguez, á que acudirán  os representantes de dirección, profesorado, Anpa, e pais e nais de alumnos e alumnas do CEIP de Silleda.

No encontro tamén acordouse que nesa xuntanza se solicitará á Consellería que realice un estudio sobre a estrutura do centro e “en base os resultados se analice se se fai un novo centro ou ben unha remodelación integral”, indica o alcalde, que expuxo á comunidade educativa os argumentos para pedir a intervención de Educación, “á vista da apremiante situación das instalacións”, indica o rexedor.

Durante a reunión os presentes amosaron o seu acordo na necesidade de realizar unha mellora integral para contar cunha nova cuberta, un patio ou pasarela cuberta, ou a renovación do peche perimetral. “Agardamos que o conselleiro nos reciba en canto sexa posible para abordar todas estas cuestións, xa que as deficiencias son grandes e o mantemento que se realiza dende o Concello resulta xa insuficiente”, indica o alcalde.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial