Anova denuncia unha moción de censura encuberta en Val do Dubra

0

Val do Dubra, 9 de setembro do 2017 – Anova denuncia que a proposta do PP de Val do Dubra de retirar o soldo ao alcalde non é máis cunha moción de censura encuberta.

A situación de Val do Dubra é inédita en Galicia tal como nos contaba hai semanas o alcalde Antonio Negreira. Val do Dubra ten un pleno de 11 concelleiros, 5 de Anova, 3 do PP, 2 de Terra Galega e 1 de Independientes por Val do Dubra. Sen xunta de goberno local, sen comisións informativas, con funcionarios de baixa e sen listas de garda para substituílos que o concello sega operativo é mías do que se podería esperar.

Onte o alcalde, Antonio Negreira, daba unha rolda de prensa para denunciar a volta de torca que pretende o Partido Popular retirándolle o soldo. Negreira explicaba as circunstancias que derivan, en gran medida, da situación que atoparon cando gañaron as eleccións e do bloqueo ao que foron sometidos desde o primeiro momento

O Partido Popular argumenta, para pedir a retirada do soldo, o retraso no pago a provedores pero, como explicaba Antonio Negreira, iso é consecuencia da falta de persoal e facía un resumo da situación na actualidade

va considera que coa petición de retirada do soldo se continúa unha campaña de desgaste que comezou desde o primeiro día e que persigue que se abandone a alcaldía toda vez que non conseguiron apoios para a moción de censura. O alcalde Antonio Negreira explicaba que a moción que se debaterá o día 22 é en realidade a Terra Galega que foi que votou a favor de que o alcalde tivera soldo xa que o resto da oposición, cando se constituíu a corporación, votou en contra de que o alcalde cobrara.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies