займ срочно

Compostela, 13 de xuño do 2017 – Máis de cen persoas asistiron ao aperitivo e entrega de premios do rally Vía Ibérica Pre War, que trouxo a Compostela 24 automóbiles históricos.

Os participantes na carreira Vía Ibérica e clientes e amigos de Jael Xoiería e Tudor, patrocinadores do evento, reuníronse na terraza do Hostal dos Reis Católicos para celebrar esta concentración de xoias da automoción.

A carreira discorreu por estradas da cornixa cantábrica e nela participaron vinte e catro autos fabricados antes da II Guerra Mundial, expostos durante toda a xornada no Obradoiro. Os gañadores do Premio á Elegancia foron os señores Martin e José Aaldering, neerlandeses, que acudiron a bordo dun Alvis Speed 25/Labro de 1936.

No rally e a exposición participan vehículos de firmas como Rolls Royce, Lagonda, Bentley, Lancia, Jaguar, MG, Packard ou Vauxhall, chegados de todo o continente europeo (Holanda, Inglaterra, Bélxica ou Dinamarca) e Estados Unidos.

O rally está organizado pola asociación holandesa Via Flaminia, que convoca este tipo de reunións de autos clásicos e de fabricación previa á II Guerra Mundial por toda Europa. Tudor e a súa distribuidora en Compostela, Jael Xoiería, patrocinan un evento que conta co apoio do Concello de Santiago.

Acerca de Tudor

Tudor é unha marca suíza de reloxos de luxo dirixida a persoas con gran sentido do estilo, que desexan ser diferentes e só confórmanse coa calidade. Os Tudor son de fabricación suíza 100% e a súa relación calidade-prezo é única. A historia da marca comezou en 1926, cando «The Tudor» foi rexistrado por primeira vez en nome do fundador de Rolex, Hans Wilsdorf. El

creou a empresa Montres Tudor SA en 1946 para ofrecer reloxos coa calidade e fiabilidade de Rolex e prezo máis alcanzable. Grazas á súa visión, Hans Wilsdorf soubo adiantarse, 60 anos antes, ao que hoxe coñecemos como luxo accesible. Ao longo da súa evolución, a marca Tudor creou

reloxos únicos pola súa elegancia e funcións. Desde 2015, Tudor tamén manufactura o seu propio calibre, que incorporan os modelos Heritage Black Bay, North Flag e Pelagos.

Acerca de Jael

[columns]
[column size=”1/2″]Fundada en 1994, Jael Xoiería caracterizouse desde os seus inicios pola súa implicación á cultura e ao deporte local. O seu apoio esténdese a especialidades de base como a ximnasia rítmica, o tenis, o golf ou o ciclismo, e patrocina eventos de primeiro nivel como a proba surfeiro Pantín Classic Galicia PROL, concursos de saltos hípicos ou rallies de coches clásicos.[/column]
[column size=”1/2″][/column]
[/columns]

[ngg_images source=”galleries” container_ids=”23″ exclusions=”324,325,327,328″ display_type=”photocrati-nextgen_basic_slideshow” gallery_width=”800″ gallery_height=”600″ cycle_effect=”fade” cycle_interval=”5″ show_thumbnail_link=”0″ thumbnail_link_text=”[Show thumbnails]” order_by=”sortorder” order_direction=”ASC” returns=”included” maximum_entity_count=”500″]

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies