Reclaman, con 500 sinaturas, que se restableza o horario no centro de saúde de Trazo

0

Trazo, 31 de xaneiro do 2018 – A veciñanza de Trazo ven de presentar na Xerencia de Atención Primaria do Sergas un escrito avalado por máis de 500 sinaturas no que reclaman que con urxencia se complete o horario de atención médica no centro de saúde de Agro do Mestre (Trazo).

Un escrito presentado por Ana María González Noya en representación dos afectados polo recorte no servizo en Agro do Mestre. No documento  adiantan tamén que de non atenderse a nosa petición, non renunciamos a recorrer a outras vías para recuperar o servizo que tiñamos anteriormente.

No escrito presentado os veciños de Trazo expoñen que o centro médico de Agro do Mestre, emprazado na parroquia de Xavestre, atende a uns 1.500 pacientes e que levan meses cun recorte no horario de atención que implica esperas de 5 a 10 días para unha cita. Neste sentido, o escrito lembra que se trata dun concello do rural e a maioría dos afectados son maiores de 65 anos e este recorte coincide cos meses de maior afectación dos procesos gripais, o que implica que parte dos afectados acudan ao Servizo de Urxencias do Hospital Clínico Universitario, contribuíndo a colapsar o servizo. Así mesmo, denuncian que este recorte afecta tamén á actualización de receitas e, polo tanto, ao correcto acceso aos medicamentos por parte dos pacientes.

Redución do tempo de atención

O recorte no tempo de atención ao paciente ten a súa orixe na prexubilación do médico titular do centro en outubro de 2017. A súa praza foi cuberta por unha nova facultativa, que ten concedida unha lexítima redución de xornada. Porén, isto provocou que o tempo de consulta no centro médico de Agro do Mestre reducírase das 6 horas diarias a tan só 2 e 40 minutos.

Os socialistas de Trazo, que apoiaron totalmente esta recollida de sinaturas, xa plantexaron tamén a situación no Parlamento de Galicia, onde a Xunta respondeu que o médico do centro de saúde de Viaño Pequeno fixérase cargo dos usuarios que precisaran asistencia a partir das 11:30 horas. Unha “solución” que non se sostén mirando as cifras da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela: o consultorio de Agro do Mestre atendeu en 2016 un total de 7.831 consultas de medicina xeral e 4.040 consultas de enfermería; mentres que o centro de saúde de Viaño Pequeno atendeu 5.324 consultas de medicina xeral, 5.269 de enfermería e 831 de pediatría.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial