займ срочно

Cesareo Pardal presidente do Cluster do Galicia: “o que necesitamos é unidade” (audio)

0

Bisbarra, 16 de marzo do 2021- Lindeiros entrevista ao presidente do Cluster do Turismo de Galicia, Cesareo Pardal, sobre a situación actual e o futuro inmediato.

O Cluster é un dos representantes da hostalería nas reunións periódicas coa Xunta de Galicia. Cre que a situación vai mellorando pero que se debe pensar no verán que será cando, de seguir todo na mesma dirección, pode comezar unha lenta recuperación.

Cesareo Pardal, segundo pola esquerda, nunha das reunións coa Xunta de Galicia

preguntamos en primeiro lugar polo futuro máis inmediato e Cesareo Pardal fala de incerteza, Para a reunión que hoxe martes ten o comité clínico o Cluster leva como proposta unha ampliación de horarios

O presidente do Cluster cre que hai que mirar cara o verán e non centrarse na Semana Santa que despois de todo son tan só 3 días

Preguntamos de xeito máis concreto polo turismo rural dadas as vantaxes que ten nun momento de distanciamento social. Para a Semana santa abrirá tan só o corenta por cento das 600 casas que hai en Galicia pero é posible que todas cheguen á máxima ocupación

Rematamos preguntado pola representatividade nas reunións coa Xunta e esa ausencia de parte da hostalería. Cesareo Pardal reivindica o Cluster como representante dunha importante do sector e cre que o que hai que buscar é unidade

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies