O CGAC presenta Wonder Women

0

Compostela, 19 de xuño do 2020 – O Centro Galego de Arte Contemporáneo, CGAC, presenta a primeira exposición tras o Covid19 baixo o título Wonder Women

Wonder Women está comisariada polo director do centro, Santiago Olmo, e repasa os cambios producidos ao longo das últimas décadas no mundo da arte contemporánea. Un percorrido a través de obras da colección do CGAC realizadas por artistas mulleres que permanecerá aberta ata o próximo 6 de setembro.

Esther Ferrer Permutaciones (©Mark-Ritchie)

En concreto, forman parte da colección pezas de Esther Ferrer, Fernanda Fragaterio, Isabel Garay, Dora García, Menchu Lamas, Jac Leiner, Luz Lizarazo, Eva Lootz, Alicia Martín, Susan Philipsz ou da prestixiosa artista norteamericana Dana Birnbaum. De feito, o título da mostra fai referencia a unha obra de Birnbaum que se inspira nunha superheroína concibida orixinalmente para os cómics pero que chegou a protagonizar unha serie de televisión de éxito nos 70.

Así pois, cada unha das pezas de Wonder Women mostra os cambios profundos rexistrados no mundo da arte contemporánea a través dunha escolma representativa de artistas mulleres que non só abordan temas como o feminismo ou cuestións vinculadas con debates de xénero, senón que tamén analizan problemas estéticos ou construtivos. A colección está concibida  como un instrumento en constante crecemento e un instrumento de debate sobre a necesidade de establecer novas narrativas máis plurais e inclusivas, poñendo de relevo o papel das mulleres na historia.

Luz Angela Lizarazo Debuxo Nudo Lagrima (©Mark-Ritchie)

Medidas contra a covid-19

A exposición Wonder Woman é a primeira que bota a andar no Centro Galego de Arte Contemporánea e na cidade de Santiago tras a crise sanitaria. A exposición poderá visitarse con todas as garantías de seguridade contra a covid-19. Neste sentido, a capacidade do centro estará limitada ao 75%, haberá dispensadores de xel hidroalcólico a disposición dos visitantes e só se permitirán visitas de grupos de ata 15 persoas, sen cita previa.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial