Chanzo, Som do Galpóm e The Manueles no Feito a Man

0

Compostela, 24 de agosto do 2018 – Catro boas propostas para o último venres no festival Feito a Man que remata o luns.

Feito a Man comeza hoxe os concertos as seis da tarde en San Paio de Antealtares co DJ Mr. Buen Chico.

Chanzo

As nove será a quenda para CHaNZo na praza de Mazarelos. Xacobe Martínez Antelo, Max Gómez e Alex Salgueiro inician CHaNZo. Un novo proxecto en liberdade. CHaNZo experimenta cunha nova paleta de elementos arriscados e informais, deixando que a música atope o seu propio camiño. Estes tres músicos galegos dispoñen da improvisación como fiel aliada, e comparten como unha obsesión a búsqueda de novos territorios musicais. CHaNZo é música negra pero non só. É electrónica pero non só. É groove pero non só. É música improvisada…

Son do galpom

A continuación tocaralle a Som do Galpom. Trátase dun grupo orixinal e heteroxéneo que mestura diferentes estilos musicais; a súa particular aposta vai dende o funk ata reggae pasando polo rap! Rap orgánico lle chaman… Veñen dende A Moninha, unha aldea preto de Compostela, e levan uns cantos anos percorrendo Galiza e a península mostrando o seu directo! A súa discografía está composta por dous traballos de estudo: ‘Em terra de ninguén’ e ‘A Galinha de Troia’. Na actualidade voltan aos escenarios despois dun breve paréntese e con máis enerxía ca nunca.  

The Manueles

A xornada rematará a partir das dez e cuarto en Tras Salomé con The Manueles, un grupo de surf-rock que repasa o legado que deixou a inspiración do fundador do estilo na California de finais do 50’s. Manuel Freitas, emigrante de Beluso en California, creou o grupo xerme do estilo sen chegar a gravar nunca un disco, ‘The Black Rinchas’. A pesar do seu nulo legado discográfico a súa lenda inspirou a grupos posteriores como The Shadows, The Ventures, Dick Dálle e mesmo ao pioneiro da guitarra eléctrica Link Wray.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial