Charla sobre as axudas  do Programa Vivendas do Camiño en Ordes

0

Ordes, 10 de febreiro do 2018 – O Concello de Ordes vén de abrir o prazo para apuntarse á charla informativa sobre o Programa Vivendas do Camiño. Nela falarase extensamente e responderase a todas as dúbidas relacionadas coas subvencións para a rehabilitación de edificios e vivendas no ámbito da área de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago.

A convocatoria destas axudas no DOG ten data do 24 de xaneiro de 2018 (https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180124/AnuncioG0423-040118-0003_gl.html), en relación á resolución do 27 de decembro de 2017, e englóbanse dentro do Programa de rexeneración e renovación urbanas da prórroga do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificadora e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016. O prazo para a presentación de solicitudes manterase aberto ata o próximo 31 de outubro de 2018.

Como máximo as persoas propietarias, comunidades de propietarios ou agrupacións de comunidades poden beneficiarse de ata 15.000 euros por vivenda. A dita contía destinarase á realización de obras de mantemento e melloras da eficiencia enerxética e das condicións de accesibilidade establecidas na normativa vixente. Nos concellos rurais as axudas son aplicables ás vivendas polas que pasa o Camiño de Santiago, mentres que nas conexións coas cidades e vilas limítase o ámbito exclusivamente ao trazado do Camiño. Non se poderán beneficiar as vivendas que figuren dentro dos ámbitos doutra Área de Rehabilitación Integral xa declarada.

Data e lugar

Ao longo das vindeiras semanas o Concello de Ordes informará da data e do lugar de celebración da charla. Para isto fará uso das canles informativas habituais (redes sociais, páxina web do Concello e da Mancomunidade de Ordes, e prensa escrita). Estará conducida por persoal e técnicos da Xunta de Galicia expertos na materia e será de balde para todas as persoas que asistan.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies