Charla de Iñaki Quenarapu sobre a creación de webs co software Trece en Teo

0

Teo, 26 de abril do 2019 – O banco de electrónica de Teo acolle unha charla, 20;30 h., sobre a creación de páxinas web co software Trece, creado por Iñaki Quenerapu que será o relator.

Quenerapu leva varios anos desenvolvendo Trece. O software, pensado de forma modular, convertese na práctica nun xestor de calquera tipo de contidos. Na charla o creador porá exemplos do seu uso para cousas tan dispares como a creación dun blog ou a xestión de citas dunha barbería.

Iñaki Quenerapú

A charla non será tan só unha explicación sobre Trece, permitirá coñecer un pouco máis como traballan os programadores e as dificultades que atopan para deseñar o que despois usamos os demais.

Como colofón da charla proxectarase a película Life of Brian (1979) de T. Jones.

A actividade é gratuita e pode atoparse máis información e inscribirse no enderezo info@aberteo.gal .

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial