Charla en Silleda sobre alimentación infantil

0

Silleda, 8 de febreiro do 2019 –  O programa Avelaíña posto en marcha pola Concellería de Cultura para o público máis novo e as  súas familias volta este mes cunha interesante sesión sobre alimentación infantil na etapa dos 0 aos 5 anos de idade.

Ademais de falar de xeito global sobre a alimentación infantil nesta etapa, tamén se afondará sobre as enfermidades relacionadas cos malos hábitos alimenticios ou sobre a importancia da influencia que teñen os proxenitores para mellorar a nutrición dos máis cativos. Tamén se falará sobre os alimentos que se deben de inxerir e os que se deben evitar e de xeito práctico se ofrecerán ideas e exemplos de distintos menús.

Massimo Gioiello, técnico superior en dietética, impartirá esta charla o vindeiro sábado día 16, as once da mañá, na Casa da Xuventude. A asistencia é gratuita, coma no resto das actividades

 do programa, só hai que inscribirse previamente nas dependencias do Concello ou chamando ao 986 580000.  Este tipo de sesións dirixidas aos proxenitores súmanse as actividades de carácter lúdico e cultural programadas dende o Avelaíña, co público infantil de 0 a 6 anos como obxectivo principal.

Ademais de actividades lúdicas tamén se teñen celebrado dende o ano 2015 sesións formativas para os pais sobre cuestións coma o comportamento, disciplina positiva e outros aspectos relacionados coa educación e o benestar dos nenos e nenas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial