Charla en Touro sobre o Camiño Francés

0

Touro, 28 de decembro do 2018 – En Marea Touro organiza este sábado unha charla para falar do trazado histórico do camiño francés ó seu paso polo municipio.

Según explica En Marea tratase de explicarlle á veciñanza o contido do informe emitido por Icomos, organismo asesor da UNESCO, no que se recomenda recuperar o trazado histórico do camiño francés Arzúa-Quión-Amenal. Un roteiro que no concello de Touro atravesa as parroquias de Beseño e Quión.

O grupo local dará conta do traballo de campo que levaron a cabo, e que rematou coa delimitación do camiño atendendo a fontes documentais e testimonios orais. Destacan a súa beleza e autenticidade, xa que ó longo do percorrido hai numerosas corredoiras, carballeiras e capelas. Outro dos puntos fortes é o escaso tráfico existente nos puntos polos que pasa.

En Marea Touro invita a toda a veciñanza a esta charla informativa que terá lugar este sábado ás 19:30 no local social da parroquia de Beseño.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial