Charla sobre o futuro das pensións este xoves en Ordes

0

Ordes, 25 de abril do 2018 – A Agrupación Socialista de Ordes organiza unha charla sobre O futuro das pensións, que terá lugar este xoves 26 de abril, ás 19:30 horas, no salón de plenos municipal (baixos da Alameda).

Esta charla sobre as pensións é unha iniciativa promovida pola Agrupación Socialista ordense e conta coa colaboración da Agrupación Provincial da Coruña, que aproveitará esta charla como a primeira dun ciclo provincial de conferencias sobre este tema. A entrada é de balde.

O voceiro municipal do PSOE de Ordes, Alejandro Manteiga, explica que “o obxectivo desta charla é informar aos nosos veciños e veciñas de que é posible soster un sistema público de xubilación, con pensións dignas. E é algo que queremos que saiban tanto aos pensionistas de hoxe, que saíron ás rúas para defender o Estado do Benestar e nos deron o mellor exemplo de como se loita polos dereitos sociais, como ás xeracións que están cotizando agora mesmo e non deixan de escoitar mensaxes da desaparición do sistema público auspiciados polo Partido Popular e que van en beneficio do sector privado”.

Poñentes

Os poñentes na charla serán Juan Díaz Villoslada e Matilde Begoña Rodríguez Rumbo, deputados do PSdeG no Parlamento de Galicia, e Pedro Blanco Lobeiras, coordinador dos servizos xurídicos e avogado na UXG Galicia. Serán presentados por Alejandro Manteiga e Antonio Morán Ferreiro, voceiro municipal e secretario de Asuntos Sociais do PSdeG de Ordes, respectivamente. Tras unha pequena intervención dos distintos poñentes, que explicarán as solucións que propón o partido socialista para garantir unhas pensións dignas para os pensionistas actuais e para os seus netos, abrirase unha quenda de preguntas para que os asistentes poidan resolver todas as súas dúbidas. “Estamos todos os días escoitando un baile de cifras, que se o 0,25, que se o IPC, que se o 3% e queremos que os nosos veciños e veciñas estean o mellor informados posible e poidan resolver todas as súas dúbidas”, indica Alejandro Manteiga.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial