Charla sobre prevención de roubos e estafas para maiores

0

Ames 18 de xuño do 2019 – Mañá mércores a Cruz Vermella imparte en Ames unha nova charla sobre a prevención de roubos, estafas e abusos en persoas maiores na Casa da Cultura de Bertamiráns a partir das 17:30 horas.

A sesión será impartida polo sarxento da Garda Civil Luís López, que ofrecerá información sobre este tipo de delitos, así como unha serie de consellos para evitar que os maiores caian vítimas deste tipo de estafas. A iniciativa, apoiada en Ames pola Concellaría de Servizos Sociais, está encadrada no programa provincial da asociación ‘Bo trato ás persoas maiores: promoción do trato adecuado e protección fronte ao maltrato’.

Durante o faladoiro ofreceranse tamén unha serie de consellos encamiñados a previr ou evitar caer neste tipo de situacións, entre elas a aplicación “AlertCops”, un servizo de alertas de seguridade cidadá deseñado polas forzas de seguridade estatais para facilitar a atención en situacións de risco. Os e as asistentes poderán expoñer as súas vivencias e consultar todas as dúbidas que lles xurdan. Promoción do trato adecuado e protección fronte ao maltrato

Este faladoiro, titulado Prevención de roubos, estafas e abusos en persoas maiores, está organizado pola Cruz Vermella ao abeiro do seu programa provincial Bo trato ás persoas maiores: promoción do trato adecuado e protección fronte ao maltrato. Esta iniciativa ten como obxectivo o de promover e sensibilizar á poboación, en especial ás persoas maiores de 65 anos, sobre o trato adecuado e o recoñecemento dos seus dereitos, para evitar que estes sexan vulnerados.

Asemade, mediante diversas accións, a organización busca apoiar e acompañar aos maiores que se atopan en situación e trato inadecuado ou maltrato para superar esa etapa a través de charlas, talleres, apoio psicosocial, mediación e/ou asesoramento; así como previr este tipo de situacións mediante a capacitación e empoderamento dos maiores.

Así, ao abeiro deste programa, tense previsto desenvolver unha segunda charla en Ames sobre a protección xurídica dos maiores. Titulada Pensa no teu futuro… decide ti, ofrecerase información sobre as medidas de protección xurídica que poden ser adoptadas con respecto ao futuro, como poden ser a tutela, testamento vital, autoinstrucións, garda de feito, patrimonio protexido ou hipoteca inversa, entre outros conceptos. O encargado de conducir este faladoiro, para o que aínda non hai unha data pechada, será un xuíz xubilado do Tribunal Contencioso-Administrativo da Coruña.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial