займ срочно

Charla sobre violencia machista no Museo do Traxe de Ordes

0

Ordes, 26 de marzo do 2019 –   Carme Adán, autora do libro ‘Feminicidio. Unha nova orde patriarcal en tempos de submisión’ será a encargada de ofrecer hoxe, no Museo do Traxe, unha charla co mesmo título que o manuscrito.

A actividade estará aberta a todas as persoas interesadas e dará comezo ás 19 horas no xa mencionado auditorio do Museo do Traxe Juanjo Linares. Nela abordaranse, entre outros, temas relacionados coa violencia de xénero e as diferenzas que presenta coa violencia de tipo doméstico ou intrafamiliar. A maiores entregarase un exemplar do dito libro a cada persoa do público ata rematar existencias.

Esta charla forma parte do programa de actividades arredor da violencia machista organizado pola área de Igualdade e Benestar Social da Deputación da Coruña e que dende o pasado mes de febreiro se está a desenvolver, a través de charlas e encontros, nos concellos de Ferrol, Culleredo, Boiro, Boqueixón, Muxía, Santiago, Cee, Negreira, Coirós, Carballo, Teo, Muros e a Mancomunidade de Ordes.

Entre os obxectivos máis destacados desta iniciativa está o de crear espazos de debate e de reflexión arredor da violencia contra as mulleres, do patriarcado e da capacidade de transformación social que ten o feminismo. Outro dos aspectos a abordar está o da incorporación da palabra feminicidio ao ordenamento xurídico, as novas dimensións da violencia contra as mulleres (con atención ás redes sociais) e das propostas para erradicar a violencia.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies