Chega a Cineuropa a cita coa película sorpresa

0

Compostela, 22 de novembro do 2018 – Entre a programación deste xoves en Cineuropa volvemos salientar varias estreas. Ás 18:15 h. exhibirase What keeps you alive, un trepidante filme de supervivencia cuxa acción sitúa o seu director Colin Minihan nun nada bucólico bosque.

De seguido na mesma sala, ás 20:15 h. teremos a oportunidade de asistir ao primeiro pase de Support the girls, de Andrew Bujalski, unha das películas norteamericanas máis celebradas do curso independente sobre un bar con mozas que visten de forma provocadora pero que traballan baixo a protección da súa xefa, unha singularísima coach que as axuda a superar os malos tratos do pasado.

Por outra banda, unha das citas inescusables de cada edición do festival, a proxección da película sorpresa, dará comezo ás 22 h. no mesmo Principal. Como manda a tradición, transmitiranse unha serie de pistas sobre o filme ao longo da xornada a través das redes sociais.

O Salón Teatro acollerá ás 16:30 h a exhibición dunha das apostas programáticas desta edición. Trátasae de Mulleres experimentalistas de América Latina, un programa composto de nove curtas realizadas por diferentes autoras e que, segundo a curadora e restauradora uruguaia Ángela Ruiz, “é abordado desde unha perspectiva feminista decolonial que procura indagar nos posibles desbordes e implicacións epistémicas dos termos “muller latinoamericana” e “artista latina”, para compoñer un mapa de empatías conceptuais, estratexias coincidentes e redes afectivas que traspasaron barreiras xeopolíticas e apostaron pola subversión do canon modernista”.

Outra estrea para non perder será a gañadora do Un certain regard de Cannes. Trátase de Border, de Ali Abbasi (Salón Teatro ás 20h.), que só poderemos ver de novo dentro do maratón. O filme é unha intelixente mestura de romance, cinema negro, realismo social e terror sobrenatural que non deixará indiferente a ninguén. Previamente a este pase (ás 18:15 h), exhibirase Vivir y otras ficciones, un documental bravo e radical de Jo Sol sobre a sexualidade das persoas con diversidade funcional necesario e moi didáctico.

Outras citas ineludibles deste xoves serán os encontros cos cineastas. Esta tardiña compartirán tempo e espazo connosco María Ruido, que presentará Mater Amatísima ás 18:30 h. no Museo das Peregrinacións, Eugenio Canevari, que presentará novamente Figuras no mesmo museo ás 20h., e Mariano Llinás, con quen poderemos departir sobre La flor no Cinema Numax ás 18 h.

PROGRAMACIÓN CINEUROPA XOVES 22

TEATRO PRINCIPAL

16:00 LAS HIJAS DEL FUEGO Albertina Carri

18:15 WHAT KEEPS YOU ALIVE Colin Minihan

20:15 SUPPORT THE GIRLS Andrew Bujalski

22:00 PELÍCULA SORPRESA

SALÓN TEATRO

16:30 MULLERES EXPERIMENTALISTAS DE AMÉRICA LATINA Varias autoras

18:15 VIVIR Y OTRAS FICCIONES Jo Sol

20:00 GRÄNS / BORDER Ali Abbasi

22:00 DOVLATOV Alexey German Jr.

MULTICINES COMPOSTELA (SALA 2)

18:00 MORGIANA* Juraj Herz

20:00 EGON SCHIELE – EXZESSE* Herbert Vesely

21:45 RESTUL E TĂCERE / O RESTO É SILENCIO Nae Caranfil

MULTICINES COMPOSTELA (SALA B)

22:00 THE IMAGE* Radley Metzger

CINEMA NUMAX

18:00 LA FLOR (segundo acto) Mariano Llinás, con presentación e coloquio.

MUSEO DAS PEREGRINACIÓNS

17:15 UN VIVANT QUI PASSE* Claude Lanzmann

18:30 MATER AMATÍSIMA* María Ruido, con presentación e coloquio.

20:00 FIGURAS Eugenio Canevari, con presentación e coloquio.

SALA AGUSTÍN MAGÁN (CC. SANTA MARTA)

17:00 QUEEN KELLY / A RAÍÑA KELLY* Erich von Stroheim

18:45 BLONDE VENUS / A VENUS LOURA* Josef von Sternberg

20:30 SHE DONE HIM WRONG / LADY LOU* Lowell Sherman

Nota: as películas marcadas cun asterisco son con entrada libre.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial