Chega a Noite en Branco da Magariños

0

Brión, 7 de xuño do 2019 – O alumnado da Escola Municipal de Música de Brión celebrará hoxe a súa Noite en Branco da Magariños, ofrecendo un total de cinco concertos noutros tantos edificios públicos do concello entre as 22:00 e as 0:00 horas.  Unhas actuacións, de asistencia libre e gratuíta, nas que tamén participará a Banda de Música Municipal de Brión.

Carlos Pintor, director da ESMU Magariños, explica que a iniciativa inclúe “cinco espazos e cinco concertos, cunha programación con moita variedade de estilos, agrupacións e tamén con intérpretes solistas ata sumar preto de 130 músicos. Este ano a novidade é que intentamos que todo xire en torno á carballeira de Santa Minia, polo que estaremos moi pendentes do tempo ata a última hora”. Actuacións duns vinte minutos nos que se interpretan pezas clásicas e modernas, que van acelerando o seu ritmo segundo vai avanzando a noite e se vai cambiado de escenario, todos eles na contorna da Carballeira de Santa Minia.

As actuacións comezarán ás 22:00 horas na Aula 2 da ESMU Magariños co concerto “Lento”; seguido ás 22:30 horas polo concerto “Adagio” o palco da música. Ás 22:45 horas terá lugar unha alborada na Carballeira, protagonizado por un dúo de gaitas e tamboril na carballeira de Santa Minia. Ás 23:00 horas chegará o concerto “Moderato” no adro de Santa Minia, dende onde se trasladarán ata o salón de plenos do Concello de Brión, onde ás 23:30 horas se celebrará o concerto “Allegro”. A “Noite en Branco da Magariños” pecharase ás 0:00 horas co concerto “Presstisimo” da Banda de Música Municipal de Brión na Praza do Concello (en caso de choiva, no auditorio do Centro Social Polivalente).

A “Noite en Branco da Magariños” está organizada pola Escola Municipal de Música Magariños de Brión, coa colaboración do Concello de Brión, a Deputación da Coruña e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. A entrada a calquera destes cinco concertos é totalmente libre e de balde.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial