займ срочно

A Estrada, 6 de xullo do 2018 – A Rapa das Bestas do 2018 quedará como unha das máis emotivas dos últimos anos polo pasamento de varios veciños e de dous aloitadores, un deles na mesma semana do evento.

Henrique Bazal, presidente da Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo

Henrique Bazal, presidente da Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo

Lindeiros.gal quixo falar co presidente da Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo, Henrique Bazal, para saber como se presenta esta edición pero tivemos que comezar preguntando por eses pasamentos que, como el di, levaron a emoción a outro nivel

Esta mesmo mércores era enterrado “Tato” do que a Asociación escribía na páxina de Facebook

“Como aloitador amosábase valente ,aloucado e soñador,sempre ía os poldros o primeiro e nunca abandonou unha loita cunha besta,se non tiña folgos xa non aparecía .

!!Corremos tantas veces detrás das bestas!!

!Tantas molladuras no monte!!

!!Cantas bestas dun sitio para outro , manexando con destreza ,o LandRover.!!!”

Un texto que obtiña unha resposta masiva que desde a Asociación agradecen enormemente

Con respecto á Rapa de este ano o programa é bastante similar a outras edicións pero fíxose un esforzo por encher os ocos de pequenas actividades para que todo o mundo teña algo que facer

A promoción de este ano parece estar dando mellores froitos, Henrique Bazal  explica a boa acollida da exposición instalada na Alameda de Compostela e considera que máis que facer cousas distintas o que sucede é que están aprendendo a comunicar mellor

Afronta o terceiro ano como presidente coa magoa de non ter conseguido un peche perimetral do monte. O proxecto conta co apoio das institucións pero non acaban de concretalo en aportes reais

Este ano xa se dou un pequeno incendio que por sorte non tivo maiores consecuencias pero son conscientes de que si se producira en esta época, ou incluso en algunha zona menos coidada, podería ter sido moito peor

O outro problema veu da man dos colectivos en defensa dos animais. Desde a Rapa concertáronse reunións para explicar o traballo que se fai e demostrar o bo trato cara aos poldros pero antes de que se viran a Fundación Franz Weber emitía un comunicado criticando a loita de garañóns, algo que nunca se incita desde a Rapa. Bazal considera que o que existe é moito descoñecemento sobre o que fan pero que pouco a pouco conseguirán que se acabe

Programa 2018

[tabs]
[tab title=”Venres 6/07″]6:30

Misa na honra de San Lourenzo, patrón de Sabucedo

7:00

Saída dende o Celeiro na procura das bestas

14:00

Xuntanza das greas na chaira do Peón e “Baixa” para o peche do Castelo.

23:00

Festival Rapasons

Davide Salvado | Fillos do Estramonio | Festicultores | Liviao de Marrao | Isabel Risco (presentadora)[/tab]
[tab title=”Sábado 7/07″]12:00

Subida para o monte dende o Celeiro a buscar as bestas

14:00

Baixa das bestas dende o peche ata Sabucedo

14:30

Rapasóns

Sesión vermú Petroni coa charanga Os Celtas

17:00

Rapasóns

La Rue (jazz na rúa)

18:30

Rapasóns

Tequexetéldere | Airiños de Caldelas

19:00

Primeira Rapa no Curro

22:30

Verbena popular a cargo de:

New York | América S.L.[/tab]
[tab title=”Domingo 8/07″]11:30

Rapasóns

Manu e Marcela | Airiños de Caldelas

12:00

Segunda Rapa no Curro

14:00

Rapasóns

Sesión vermú Petroni cos Festicultores

17:30

Rapasóns

Polo Correo do Vento

18:00

Rapasóns

Monifates

18:30

Rapasóns. Foliada con:

Tanto nos ten | Os Abrentes de Cerdedo

22:00

Verbena popular a cargo de:

Marbella | Miramar

Luns 9/07

12:00

Terceiro Curro: Curro Solidario

12:00

Rapasóns

Airiños de Caldelas

18:00

Solta das bestas para o monte[/tab]
[/tabs]

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies