Oroso, 9 de maio do 2017 – A Festa da Troita de Oroso chega a XXI edición o próximo venres e durará ata o domingo 14 con actividades para tódolos gustos e idades.

 

Festa da Troita 2013

Festa da Troita

Falamos co Concelleiro de Cultura Luís Rey sobre a cita máis importante do ano en Oroso como recoñece o edil

A Festa da Troita supón para Oroso un reclamo moi importante pero tamén unha cita familiar, unha cita que se vive de xeito especial nas casas dos veciños

Pero Oroso quere que a Festa da Troita vaia a máis e por iso este ano visitou distintos certames gastronómicos para dala a coñecer

Festa da Troita 2014 (5)

Festa da Troita 2014

A Festa da Troita que comeza o venres ten actividades para todo o mundo como veremos a continuación pero para Luís Rey e verdadeira cita é o domingo ao mediodía

Como di o concelleiro Luís Rey o programa deseñado polo Concello de Oroso para a XXI Festa da Troita contempla actividades para todos os gustos e idades desde o venres 12 ata o domingo 14

A XXI comezará o venres coa primeira das tres verbenas populares convocadas na Alameda de Góis (Sigüeiro), que se converterá durante estes tres días no epicentro das actividades a desenvolver. As orquestras Fania e París de Noia abrirán ás 22:30 horas a XXI Festa da Troita. Para a mañá do sábado, o Concello ten programados uns obradoiros infantís na praza Isaac Díaz Pardo, así como unha exposición de pintura, “Catro médicos por Oroso”, que poderá visitarse durante a fin de semana no Centro Cultural de Sigüeiro. A música correrá a cargo da Charanga TNT. Pola tarde continúa a programación infantil coa actuación do mago Teto na praza do Concello (18:00 horas). Ese mesmo lugar acollerá as tradicionais actuacións de Lembranzas do Tambre (19:30 horas) e Néboas no Cumio (20:30 horas), que ás 22:30 horas darán paso á verbena coas orquestras Panorama e Atenas.

Festa da Troita 2015 (6)

Festa da Troita 2015 (6)

O domingo 14, día grande da festa, celebrarase o Campionato de Pesca Infantil no río Carboeiro (de 9:30 a 13:00 horas), cun pasacalles a cargo da Charanga Mekánica e xogos tradicionais para disfrutar en familia da man de Garbato de Xogos na praza Isaac Díaz Pardo, tanto en horario de mañá como de tarde. Tras o pasacalles da agrupación folclórica Buxos Verdes ao mediodía, terá lugar a degustación de troitas nos bares colaboradores e na Alameda de Góis, amenizada coa música da Charanga Mekánica. O pregón terá lugar as 13:30 a cargo de Dª María de Lurdes Oliveira Castanheira, Presidenta da Cámara Municipal de Gois, e tras el farase a entrega de premios do concurso de pesca e a orquestra Metrópolis protagonizará a sesión vermú.
Ás 14:30 horas terá lugar un xantar popular nunha carpa na alameda de Góis, onde as troitas volverán ser as protagonistas. E, a partir das 19:30 horas, o Combo Dominicano e a orquestra Metrópolis poranlle o broche de ouro á festa. Durante os tres días, nas rúas de Sigüeiro haberá instalados distintos postos de venda de todo tipo de produtos, así como atraccións de feira para todos os nenos e nenas que se acheguen.

Bares participantes

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies