Chega ao Gaias a Cidade Imaxinaria Primavera

0

Compostela, 17 de abril do 2019 – A Cidade da Cultura de Galicia convida as familias a gozar dunha das citas clásicas do Gaiás: a Cidade Imaxinaria de Primavera que complementa a do verán.

A Cidade Imaxinaria repite no 2019 o esquema do ano pasado de dúas citas.  Por unha banda o 27 de abril para festexar a chegada da primavera e conmemorar o Día Internacional do Circo, que ten lugar uns días antes; e por outra en agosto, como todos os veráns desde hai xa nove edicións.

Cidade Imaxinaria Primavera consiste nunha tarde de sábado familiar, ao aire libre e de balde, que durante catro horas ininterrompidas ofrece xogos e espectáculos para mergullarse na ilusión e fantasía do circo. Así, malabaristas, trapecistas, equilibristas, saltimbanquis e clowns conquistarán todos os recunchos da Cidade da Cultura, compartindo espazo e programación con xogos de enxeño, teatro de rúa e instalacións de gran formato que transportarán aos máis pequenos e pequenas a un mundo soñado de maxia e fantasía.

Xogos, espectáculos e circo

Entre as 16,00 e as 20,00 horas os espectáculos sucederanse en diferentes puntos dos exteriores da Cidade da Cultura, que acollerán funcións de novo circo, clown, malabares e espectaculares coreografías con acrobacias aéreas para cortar o alento. Divertidas actuacións itinerantes cheas de cor completarán a programación da tarde.

Nunha cita que chega só uns días despois da celebración do Día Internacional de Circo, non faltará tampouco a xa tradicional Escola de Saltimbanquis da Cidade Imaxinaria. Con catro espazos onde a cativada poderá deixar saír sen medo o intrépido acróbata que todo neno leva dentro: zona de malabares, zona acrobática, zona de aéreos e zona de equilibrios.

Os exteriores do Gaiás acollerán tamén vistosas instalacións que inclúen altas esculturas de formas imposibles e cores de fantasía, xogos de enxeño creados a partir de materiais de refugallo e un labirinto de paredes de cor, repleto de encrucilladas e corredores con adiviñas visuais e probas de habilidade. Un espazo sensorial para bebés de 0 a 3 anos completa a oferta de ocio familiar desta Cidade Imaxinaria Primavera.

Nesta tarde de sábado o Gaiás acollerá tamén zonas de lecer para tomarse un descanso ou repor enerxías con postos de bebida e petiscos doces e salgados. Ademais, contarase con reforzo no servizo de autobuses que se suman ás habituais liñas 9 e 11, que conectan o Gaiás co centro de Compostela para facilitar que as familias se acheguen a esta xornada festeira.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial