займ срочно

Cheo na Carballeira de Francos na primeira edición do Festeo

0
Festeo 2 - 6 junio 2016_r

FesTeo 2016

 6/6/2016 – O Festeo, a xornada de festa, actividades e convivencia que se celebra hoxe na Carballeira de Francos, rexistrou unha masiva afluencia de público ata o punto de que se produciron dificultades puntuais para aparcar, salvadas coa axuda dos efectivos de Protección Civil de Teo.

 Varios milleiros de persoas acudiron ás actividades que tiveron como protagonistas as distintas entidades veciñais, culturais e deportivas que compoñen o tecido asociativo de Teo. Os colectivos culturais ofreceron actuacións durante toda a xornada. Comezou a asociación A Ponte Vella e foron sucedendose as agrupacións de Rosalía de Castro, Sociedade Recreativa de Calo, Pandereteiras dos Tilos, Pandereteiras de Francos, Banda de Teo, Aleceia, Coral de Cruceiro do Monte e A Mámoa de Luou.

Tamén se desenvolveron os obradoiros deportivos, cun espazo diferenciado na propia carballeira. Esgrima, béisbol, fútbol americano, agility, aeromodelismo e xadrez son algunhas das especialidades nas que están participando os visitantes do Festeo, sobre todo nenos e nenas. Para os máis pequenos ofréceuse unha zona de actividades específicas, con xogos participativos, contacontos e manualidades.

Dentro da vontade de ser un grande encontro da xente de Teo e de fomentar a participación veciñal, o Festeo incluiu un obradoiro sobre obrigas fiscais das entidades sen ánimo de lucro, dirixido pola experta Nuria Palmero. É unha actividade de interese para integrantes de entidades asociativas, que en Teo contan cunha relevante tradición, variedade e fortaleza.

Feira da Terra

De forma paralela ao Festeo, co que comparte espazo, estase celebrouse a cuarta edición da Feira da Terra, organizada pola asociación veciñal ‘Carballeira de San Martiño’. Na que é xa a súa cuarta edición, está integrada por medio cento de postos de artesanía, produtos da horta e alimentación. Ademais, conta con demostracións en directo de artesanía, como un cesteiro, un tallador de madeira ou elaboradores artesáns de cervexa.

Outro espazo singular foi o destinado ao Mercado Cidadán de Segunda Man, onde reuníronse unha considerable variedade de artigos usados, antigüidades e obxectos curiosos.

Actuacións para os máis novos e peche de festa

Fes Teo 2016

FesTeo 2016

A partir das seis, actuou a Gramola Gominola, grupo de rock en galego creado especificamente para nenos e nenas, pero capaz de atraer a todas as idades. e a continuación  chegaron os ritmos festeiros e as letras con moita retranca da Banda de Balbina, con temas como ‘O fillo do mar’ ou ‘Estomballada’.

O peche de festa estivo protagonizado por unha actuación teatral do Grupo Chévere, compañía residente do Concello de Teo. As coñecidas como ‘fillas bravas’, protagonistas da comedia homónima, ofreceron unha parte deste espectáculo, nunha actuación á que engadiron algúns acenos especiais para o público do Festeo.

Despois, presentouse Tanxugueiras, un novo grupo musical vinculado á parroquia de Luou que destaca por fusionar as pandeiretas con outros instrumentos. E xusto a continuación, as Leilía ofreceron o seu espectáculo ‘CONsentimento’, co que nas últimas tempadas celebran vinte e cinco anos sobre os escenarios. Trátase dunha homenaxe a todas as mulleres que xeración tras xeración fixeron posible a transimisión da tradición oral de Galicia. É un espectáculo co que o público “poderá cantar, rir, chorar e ata acabar bailando”, tal como indica o grupo. Na súa actuación tampouco faltaron algunhas das súas pezas máis habituais.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies