Chévere afronta Annus Horribilis no Auditorio no proxecto 3.0

0

Compostela, 12 de xullo do 2017 – O proxecto 3.0 de Chévere, recuperar tres pezas para conmemorar o 30 aniversario da compañía, chega a segunda etapa coa reposición desde hoxe e ata o venres no Auditorio de Galicia da opereta Annus Horribilis.

Annus Horríbilis é unha pequena ópera portátil creada e estreada en 1994 no teatro máis underground da cidade, coa vocación de chegar aos máis grandes auditorios. Annus percorreu España e Portugal en versión orixinal e permitiu traer a Santiago desde Barcelona varias edicións do Festival de Ópera de Peto, o máis pequeno do mundo. E en Barcelona Annus Horríbilis gañou o Premio da Crítica ao Mellor Musical da temporada 95-96, competindo coas grandes producións do Paralelo. Por iso o Auditorio de Galicia ten unha pequena débeda con esta opereta que canta a unha suposta familia real galega, ofrecéndolle as galas das grandes noites para a súa efémera volta aos escenarios.

Lucas Tamara, príncipe herdeiro do trono de Galicia, sae de incógnito do pazo á busca da autenticidade do mundo real. Nesa busca atopa a Obdulia, rapaza traballadora con delirios de grandeza, coa que namora. O romance ilexítimo é utilizado por unha loxia masónica para tentar derrocar á casa real e reinstaurar a unha antiga liña dinástica na persoa dun descendente insospeitado. Cinco cantantes, un pianista e un presentador. Acaso unha ópera precisa algo máis?

En escena: Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Manuel Cortés, Borja Fernández, César Goldi. Pianista: Suso Alonso. Presentador: Xron. Libreto: Pepe Sendón. Música: Fran Pérez. Vestiario: Chévere/Maribel Gómez. Iluminación: Fidel Vázquez. Son: Xurxo Pinheiro. Comunicación: Xana García. Unha produción Chévere co apoio do Concello de Santiago de Compostela. Chévere é compañía residente no concello de Teo.

O prezo das entradas é de 15 €  e están á venda no Auditorio de Galicia ( o día do espectáculo) e no portal de Abanca

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies