займ срочно

Chévere deixa de ser compañía residente en Teo

0

Teo, 6 de xuño do 2019 – O contrato que mantiña a Chévere como compañía residente no concello de Teo remata sen que, no contexto actual, se saiba que sucederá.

Chévere, Premio Nacional de Teatro 2014, pon fin a unha colaboración moi frutífera tanto para a compañía como para o concello. É un caso único en Galicia; unha convocatoria pública de concorrencia competitiva cun esixente prego de condicións que comprometeu a ambas as dúas partes. Un contrato avaliado por indicadores obxectivos que tivo un custo de 30.000 euros anuais.

Un modelo de éxito

Aínda que certos sectores foron desde o primeiro momento moi críticos o certo é que o traballo foi transparente e adaptouse ao contexto local no que se movía. Chévere mostrase especialmente crítico coa Xunta de Galicia e a negativa a apoiar o modelo de compañías residentes creado pola Agadic en 2009.

O traballo que Chévere desenvolveu en Teo nestes últimos anos puxo a proba a capacidade dunha compañía de teatro para relacionarse coa comunidade local, mantendo a súa dinámica de produción artística. O Auditorio Constante Liste da Ramallosa converteuse en sede estable da Ultranoite, atraendo milleiros de espectadores do propio concello, da comarca e do resto de Galicia. Chévere estreou en Teo espectáculos que percorreron Galicia e case todas as comunidades autónomas españolas, levando o nome de Teo a importantes festivais e teatros (Teatro Valle Inclán-CDN, Teatro Español, Naves Matadero en Madrid; Teatro Central Sevilla; Teatro Gayarre Pamplona; Centro Niemeyer Avilés).

Ao mesmo tempo, a compañía levou o teatro a moitas parroquias do concello (Calo, Cacheiras, Luou, Os Tilos, Bamonde, Lampai, Recesende, Oza, Rarís, Francos, Lucí). Colaborou con numerosas asociacións culturais e veciñais. Fixo numerosos proxectos participados pola veciñanza, como Cacheiras Nadal Comedy (un festival de artes escénicas dentro dos comercios de Cacheiras) ou SounpaintingTeo (unha orquestra de improvisación inclusiva con participación de persoas usuarias de Aspamite, artistas e veciñanza).

Tamén se traballou cos centros de ensino públicos, facendo funcións escolares e outras actividades. Puxose en marcha unha iniciativa de custodia do territorio escénico, A Berberecheira, que actuou como laboratorio de creación impulsando tres novos proxectos… E estando en Teo a compañía recibiu o Premio Nacional de Teatro, máximo galardón das artes escénicas en España.

Todos estes proxectos pódense ver na web da compañía .

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies