займ срочно

O Magosto co chocolatada de Brión reuniu a case un milleiro de veciños

0

Brión, 20 de novembro do 2017 – O Concello de Brión, en colaboración coa asociación de mulleres Xuntanza, celebrou o seu tradicional magosto e chocolatada que reuniu a cerca dun milleiro de persoas.

Este particular magosto que inclúe chocolatada, comezou ás sete da tarde e prolongouse  ata ben entrada a noite. Durante ese tempo, preto dun milleiro de veciños foron pasando pola carpa instalada na carballeira de Santa Minia.

A afluencia foi tal que, nos momentos de maior asistencia, todos os aparcadoiros habilitados da contorna quedaron cubertos e mesmo houbo que aparcar a máis dun quilómetro da carballeira. O tempo acompañou e durante a festa se degustaron algo máis de 180 quilos de castañas asadas, 150 litros de chocolate quente e varios milleiros de churros, que axudaron a quentar o corpo nunha noite fría.

A música e o baile correu a cargo un ano máis dos integrantes da Escola Municipal de Música e Baile Tradicional de Brión, que amenizaron o Magosto executando varias pezas de música tradicional do seu amplo repertorio. Na carballeira tamén había instalada unha pulpería, polo que non foron poucos os que aproveitaron tamén para cear.

O serán festivo comezou ás 17:30 horas na Praza do Concello, cun obradoiro de enredos e xogos populares onde pequenos e grandes puideron coñecer e participar en numerosas brincadeiras tradicionais. Unha actividade que se prolongou ata o inicio do magosto e que contou con numerosa asistencia de público.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies