займ срочно

Choro Alegre e The Fabulous Resaca Brothers no Feito a Man

0

Compostela, 16 de agosto do 2018 – O Feito a Man sitúase a dez días do remata cos “brasilegos” Choro Alegre e uns clásicos da cidade, os The Fabulous Resaca Brothers.

The Fabulous Resaca Brothers

A primeira cita, como é habitual os días que non hai sesión vermú, será as oito da tarde. O Feito a Man abre a xornada na Vía Sacra con Choro Alegre. Tres grandes músicos, dous brasileiros, Sérgio Tannus e Mauricio Caruso, e unha galega, Lucía Cortiñas, encontráronse en Galicia e uniron os seus talentos para iniciar un proxecto de rescate dun apaixonante e desafiador xénero musical brasileiro, o Choro, nun concerto aberto á complicidade, musicalidade, alegría e contemplación. O proxecto “Choro alegre” ofrece pezas basicamente instrumentais, clásicas e autorais, pero tamén inclúe colaboracións de artistas locais e temas cantados que propoñen achegarse máis ao público nos concertos ao vivo.

Para quen asocia o Brasil con batucada, samba ou bossa-nova, este proxecto descobre no Choro unha música co rigor formal do clásico, a riqueza harmónica do jazz e o “gingado” ou swing brasileiro. Unha música antiga, sofisticada, que, a través de arranxos propios, neste proxecto encontra unha estética contemporánea e encantadora nacida da fusión dos acentos entre Brasil e Galicia.

Choro Alegre

O seguinte concerto será as dez da noite en San Paio de Antealtares cuns clásicos da música en Comppostela, os The Fabulous Resaca Brothers. Os Resaca nacen da combinación de dous factores: as ganas de achegar a súa interpretación do xénero á crecente escena de blues compostelá e, por outra banda, as irrefrenables ansias de festa dos seus compoñentes. Con membros que teñen unha longa traxectoria na música (en proxectos como The Lakazans, Sinestesia, RuxeRuxe ou a Magnifique Banda dos Homes Sen Medo), os Resaca poden non ser o máis purista dentro do blues, pero sen dúbida son do máis canalla e divertido.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies