O Club Ciclista Padronés incorpora para a nova tempada ao ex profesional Samuel Blanco

0

Padrón, 7 de xaneiro do 2018 –  O CC Padronés Cortizo-Anova comeza a preparar o equipo para a nova tempada e unha das novidades máis importantes é a incorporación do ex profesional Samuel Blanco.

Samuel Blanco é natural de Chapela (Redondela) e ten 23 anos. Chega ao equipo padronés despois dunha tempada como profesional no equipo luso A Metalusa. Agora, de volta ao campo amateur, o corredor galego perfílase como un reforzo de calidade para a escuadra padronesa.

Antes da súa experiencia no campo profesional, Blanco pode presumir dun brillante palmarés tanto en categorías inferiores como na súa etapa sub23 e elite. Militou entre 2011-2013 no Club Ciclista Vigués, anos nos que empezou a despuntar e foi por primeira vez convocado pola Selección Galega de Ciclismo. Entre 2014 e 2015 competiu no Supermercados Froiz, onde asumiu o papel de gregario e seguiu madurando, conseguindo ademais ser seleccionado para os Campionatos de España. No ano 2016 fichou polo Rías Baixas, ano no que obtivo os seus mellores resultados, conseguindo a vitoria na Volta a Galicia, o Campionato Galego de Fondo, o Subcampeonato Galego de CRI así como entrar no top10 na Volta a Coruña. Todos estes resultados permitíronlle subir a categoría profesional o pasado 2017, no equipo luso A Aluminios Metalusa BlackJack.

Este ano volve ao campo amateur, tras non conseguir un oco no pelotón profesional, onde pretende ser protagonista este 2018. Ciclista novo e todoterreo, defínese como “un escalador para portos longos e de pendente considerable”. Confía ademais nas dotes de contrarreloxista “sendo capaz de rodar rápido por zonas chairas ou ben rompepernas. Os finais de etapa que máis se axustan ás miñas condicións son os que teñen un porto preto da meta ou que finalizan coroando o mesmo”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial