займ срочно

Comeza o  ciclo de cine australiano no que colabora a USC

0

Compostela, 19 de xuño do 2017 – A Universidade de Santiago de Compostela, xunto coa ASBA (Australia Spain Business Association), a Embaixada de Australia e o Concello de Santiago organizan unha mostra de cine australiano.

O ciclo de cine será gratuito  previo paso por billeteira, serán no Teatro Principal ás 20.30 horas, agás hoxe que a cita é as 21.00 horas.

Hoxe ás 20.00 horas terá lugar un cóctel de inauguración ao que asistirán o vicerreitor de Oferta Docente e Innovación Educativa, Roberto López; o embaixador de Australia en España, Timothy Kane; o alcalde de Santiago, Martiño Noriega; e a vicepresidenta de ASBA, Sonia Lorenzo.

As cinco películas do ciclo de cine que se van proxectar tratan temas da vida cotiá e doméstica dunha sociedade aberta, multicultural e tolerante, pero coas súas regras de xogo. Hoxe será a quenda de ‘Lion’ de Garth Davis, mentres que o 26 de xuño será a de ‘Paper Planes’, un filme de Robert Connolly.

The Dressmaker’, de Jocelyn Moorhouse, proxectarase o 1 de xullo, e a de animación para os máis pequenos ‘Blinky Bill’ o domingo 2. O ciclo rematará o 18 de xullo con ‘Son of a gun’, de Julius Avery.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies