Juanjo Albiñana, Xosé A. Touriñan e Pepo Suevos no Ciclo de Monólogos de Melide

0

Melide, 11 de xaneiro do 2018 –  A Casa da Cultura de Melide acollerá durante o primeiro trimestre do ano un Ciclo de Monólogos que acollerá as actuacións de Juanjo Albiñana e dos galegos Xosé Antonio Touriñán e Pepo Suevos.

A primeira actuación terá lugar o venres 19 ás 21.30h da noite na Casa da Cultura e correrá a cargo de Juanjo Albiñana. Cómico, actor e monologuista de televisión coñecido polo seu traballo no programa “Nuevos Cómicos “de Paramount Comedy así como as súas aparicións no Club de la Comedia. As entradas xa están á venda no estanco da vila e na tenda de discos a un prezo de seis euros. O propio día tamén poderán mercase as entradas en billeteira cun prezo de dez euros.

Xosé Antonio Touriñán, o coñecido actor e presentador galego, tamén estará presente na programación cultural na Casa da Cultura neste trimestre. A súa cita cos veciños de Melide será o venres 23 de febreiro ás 21.30h.  Touriñan presentará en Melide o monólogo “Manolo Lojo”.

A programación do Ciclo de Monólogos de Melide rematará coa actuación de Pepo Suevos que ten data no calendario melidense para o sábado 24 de marzo ás 22h da noite. Suevos ten participado en series exitosas como Matalobos, Padre Casares, Mareas Vivas ou Pratos Combinados.

As entradas tanto para a actuación de Xosé Antonio Touriñán como para Pepo Suevos, poñeranse á venda nas vindeiras semanas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies