Ciclo de Teatro de Outono en Boqueixón

0

Boqueixón, 19 de outubro do 2018 – Boqueixón ultima os preparativos para a posta en marcha do Ciclo de Teatro de Outono, unha iniciativa que conta co apoio da Deputación da Coruña e a colaboración do Club de Maiores do concello.

O Ciclo de Teatro de Outono ofrecerá un total de 5 sesións que se desenvolverán os domingos 28 de outubro e 4, 11, 18 e 25 de novembro na Casa da Cultura de Camporrapado a partires das 18.00 horas. A entrada é de balde.

A actuación inaugural correrá a cargo do Grupo de teatro de maiores de Boqueixón, que representará a súa obra Urxencias. Para esta sesión, por motivos de organización, cómpre realizar a recollida de entradas no Departamento de Cultura do Concello de Boqueixón.

A segunda sesión contará co Grupo de Teatro Licor Café de Cabanas que porá en escena Dous ligues para unha noite. Xa para o domingo 11 de novembro tocaralle a quenda a Teatro da SCR A Pombiña de Narón coa súa peza Reinserción.

Pola súa banda, o Grupo municipal de teatro de Ribeira chegará á Casa da Cultura de Camporrapado o 18 de novembro para representaren Cousas de Castelao. O Ciclo de Teatro de Outono de Boqueixón pechará o día 25 co Grupo de teatro de maiores do Centro Social de Vedra que ofrecerán a súa obra Contos de zapatilla.

Dende o Concello boqueixanés animan á veciñanza a asistiren a este Ciclo de Teatro de Outono. Unha oportunidade única para achegarse ás artes escénicas da man de grupos amateur.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial