Compostela, 1 de xullo do 2017 – Galicia Conecta Fiction celebrouse a última fin de semana de xuño na Cidade da Cultura con eloxios de produtores de televisión de todo o mundo.

O principal obxectivo de Conecta Fiction foi fomentar a coprodución entre os máis de 350 participantes, aumentando o seu volume de negocio e capacidade de financiamento. O evento contou coa Caixa de Ficción, un lugar de reunión onde os produtores presentaron os seus proxectos ás televisións e as canles procuraron produtos específicos para encher as súas grellas. Este sistema de match-making propiciu que se produciran centos de reunións diarias na feira.

O presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijoo

Galicia Conecta Fiction serviu tamén para a presentación de series como a que Diagonal TV, A3 Media e Netflix rodaron ao longo dos últimos meses inspirada no libro La Catedral del Mar de Ildefonso Falcones. Tamén douse a coñecer El Extranjero, un proxecto que abordarán Boomerang, responsable de series como El Tiempo entre costuras ou Top Chef, e a arxentina Underground Producciones.

De esquerda a dereita: John Hopewell , Nacho Manubéns e Albert Sagales

A Xunta aproveitou pola súa banda Galicia Conecta Fiction para firmar un acordo de colaboración co Instituto de Cine Arxentino que se concretará na creación dunha coordinadora con representantes das dúas institucións, que deseñará e redactará convocatorias públicas de axudas ao desenvolvemento e á coprodución. O obxectivo é obter obras de calidade que reúnan elementos culturais dos dous territorios e favorezan o intercambio de talento técnico e artístico.

Os participantes en Conecta Fiction coinciden na oportunidade da posta en marcha de Conecta Fiction como

José Huertas

dicia Albert Sagales, director de desarrollo de Diagonal TV

John Hopewell responsable e correspondente en España da prestixiosa Variety Magacine falaba do cambio que se está a producir na ficción televisiva en España e en Latinoamérica e que fai lóxico un evento como Conecta Fitcion

José Huertas manager xeral de Geca, unha das mellores ferramentas para analizar audiencias impartiu unha charla sobre as luces e as sombras da ficción nacional, ao remate falaba da necesidade dun evento así para unir o traballo das dúas marxes do atlántico

Nacho Manubens é o responsable de ficción de A3 Media e presentou en primicia a serie La Catedral del Mar baseada no libro de Ildefonso Falcones, mostrábase gratamente sorprendido polo evento e por como estaba funcionando

Juan Mayne

Un dos profesionais máis importantes do evento, polo peso que a súa empresa ten no mercado actual, Juan Mayne , director internacional de Netflix, falaba do importante que é que o mercado hispano teña o seu propio mercado

Uns resultados excelentes para unha primeira edición que aseguran unha continuidade nos próximos anos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial