займ срочно

A ciencia ficción de High life unha das citas da xornada en Cineuropa

0

Compostela, 15 de novembro do 2018 –   Tras Un sol interior, proxectada a pasada edición deste festival, na que se permitía un excurso pola comedia de muller descasada, Claire Denis repite con Juliette Binoche nunha viaxe a un xénero moito máis afastado, a ciencia ficción dentro de nave espacial, como vehículo de reflexión mesmo existencialista. Ás 20 h. no Teatro Principal, non perdan High life, o novo de Denis protagonizado por ese actor cada vez máis solvente que é Robert Pattinson. A continuación, ás 22:15 h. no mesmo Teatro, poderán presenciar o retorno doutro dos habituais de Cineuropa, o chinés Jia Zhang-Ke, que constrúe en Ash is purest white, unha historia de amor e vinganza que foi seleccionada para a sección oficial de Cannes.

PITY

O Salón Teatro acolle pola tarde ás 20 h. Pity, unha comedia negra do grego Babis Makridis que non os deixará indeferentes. Tendo como eixo central a formidable interpretación de Yannis Drakopoulos —que nun sublime exercicio de xestualidade keatoniana, combina impasible o gag absurdo con momentos da perversidade máis absoluta—, Pity mantén o ton e o ritmo austeros, zarrapicados dun humor tan negro que se acaba sentindo como un coitelo entre as costelas. O filme grego dará paso a Mente revólver (ás 21:45 h.), unha historia de denuncia na que o mexicano Alejandro Ramírez Corona constrúe un relato coral con singular ambición narrativa para mostrar o arraigamento da violencia en México.

Ás 20 h. no Museo das Peregrinacións, haberá outra oportunidade de conversar con Güldem Durmaz sobre Kazarken: en creusant, unha experiencia vital realmente hipnótica, unha aventura ao fondo da mente que transcende o cinematográfico. Como novidade do Museo das Peregrinacións (ás 18 h.) contaremos tamén con O termómetro de Galileu, o último traballo da cineasta lusa Teresa Villaverde, un fermoso un ensaio poético sobre a admiración e a amizade entre cineastas que esperatará a súa empatía de xeito inmediato.

Key Still

Este xoves teremos novos pases de dous recoñecidos filmes que tratan a memoria como espazo de loita contra o esquecemento e a violencia ocultas na historia como son El silencio de otros —documental de Almudena Carracedo e Robert Bahar sobre o primeiro intento na historia de procesar os criminais da ditadura franquista—, e The other side of everything, filme de Mila Turajlic nomeado ao Premio LUX no que se mestura o persoal e o político, tecendo a historia de Serbia coas memorias familiares. Ás 18:15 h. no Principal poderemos ver o primeiro e ás 20:30 h nos Compostela, o segundo.

High life

A programación do día completarase con varias proxeccións de carácter gratuíto exhibidas nos Multicines Compostela, Sala Agustín Magán e o Museo das Peregrinacións. Toda a información sobre o programa está dispoñible no sitio web cineuropa.gal.

PROGRAMACIÓN CINEUROPA XOVES 15

TEATRO PRINCIPAL

16:15 L’ÎLE AU TRÉSOR / A ILLA DO TESOURO Guillaume Brac

18:15 EL SILENCIO DE OTROS Almudena Carracedo e Robert Bahar

20:00 HIGH LIFE Claire Denis

22:15 ASH IS PUREST WHITE Jia Zhang-Ke

SALÓN TEATRO

16:00 IDENTIFICAZIONE DI UNA DONNA / IDENTIFICACIÓN DUNHA MULLER* Michelangelo Antonioni

18:15 TIGRE Silvina Schnicer e Ulises Porra Guardiola

20:00 OIKTOS / PITY Babis Makridis

21:45 MENTE REVÓLVER Alejandro Ramírez Corona

MULTICINES COMPOSTELA (SALA 2)

17:30 FEVEREIROS Marcio Debellian

19:00 LAS VEGAS Juan Villegas

20:30 THE OTHER SIDE OF EVERYTHING Mila Turajlic

22:30 CIAO MASCHIO / ADEUS AO MACHO* Marco Ferreri

MULTICINES COMPOSTELA (SALA B)

22:00 ECSTASY OF THE ANGELS* Kôji Wakamatsu

MUSEO DAS PEREGRINACIÓNS

11:30 LA PARTIE D’ÉCHECS / A PARTIDA DE XADREZ* Yves Hanchar

16:15 VIRIDIANA* Luis Buñuel

18:00 O TERMÓMETRO DE GALILEU Teresa Villaverde

20:00 KAZARKEN: EN CREUSANT Güldem Durmaz, con presentación e coloquio.

SALA AGUSTÍN MAGÁN (CC. SANTA MARTA)

15:00 MAFIOSO* Alberto Lattuada

17:00 L’APE REGINA / A ABELLA RAÍÑA* Marco Ferreri

18:45 LA DONNA SCIMMIA / REMATOU O NEGOCIO* Marco Ferreri

20:30 OGGI, DOMANI, DOPODOMANI / HOXE, MAÑÁ, PASADOMAÑÁ* Eduardo De Filippo, Marco Ferreri e Luciano Salce

Nota: as películas marcadas cun asterisco son con entrada libre.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies