займ срочно

Ciencias Políticas acollerá en maio un debate entre os candidatos á alcaldía de Santiago

0

Compostela, 11 de abril do 2019 – A Facultade de Ciencias Políticas da USC prepara un debate para o 14 de maio entre os candidatos a alcaldía de Santiago nas vindeiras eleccións municipais.

O debate terá kugar as seis da tarde no Salón de Actos do centro, participarán os candidatos con representación actual no consistorio: Martiño Noriega Sánchez (Compostela Aberta), Agustín Hernández Fernández de Rojas (PPdeG), Xosé A. Sánchez Bugallo (PSdeG-PSOE) e Goretti Sanmartín Rei (BNG).

España e Europa

Previamente, o 25 de abril ás 12:00 horas, está prevista a mesa redonda ‘España e Europa ante un novo reto electoral: Eleccións xerais e europeas 2019’ na que intervirán o investigador do Real Instituto Elcano e profesor do Departamento de Ciencia Política e Relacións Internacionais da Universidade Autónoma de Madrid Ignacio Molina A. de Cienfuegos e a profesora do Departamento de Dereito Constitucional, Ciencia Política e da Administración da Universidade de Valencia Astrid Barrio López. Modera o debate José Rama Caamaño, graduado en ciencia política pola USC e investigador doutoral no Departamento de Ciencia Política da Autónoma de Madrid.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies